Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ribadeo está na Terra, non? Pois está chamado á acción o sábado


 Amigos da Terra únese á convocatoria mundial:

 O vindeiro 25 de setembro, 25S, levarase unha nova convocatoria mundial para demandar accións globais contra o cambio climático. Desde Galicia, o Movemento Galego polo Clima, realiza accións baixo o lema Xustiza climática para sair de todas as crises! #XustizaClimática,
que se realizarán entre o 21 de setembro e o 4 de outubro.
Concretamente Amigos da Terra participará nas seguintes actividades:

  • Conversa sobre como comunicar o Cambio Climático / xoves 24 / 20 h / online.

Verdegaia organiza a presentación en  streaming de O Libro do Clima publicado por Catro Ventos editora e na que Patricia Iglesias, membro de Amigos da Terra, debaterá xunto con Miguel Pardellas,
membro de Verdegaia e educador ambiental,  sobre a maneira en que
podemos comunicar o cambio climático e incidir socialmente na
comprensión do mesmo.  Máis información aquí>>

  • Voluntario forestal contra a Emerxencia Climática /domingo 27 / 10:30 / Tourón (Melón).

Continuamos cas labores de mantemento das zonas restauradas desta 
aldea ourensana afectada pola vaga de lumes que devastaron milleiros de
hectáreas en Galiza no 2017.  Dende entón estamos a levar accións de
restauración, plantación e conservación do monte autóctono  para chamar a
atención sobre a problemática dos incendios forestais, como os que
están asolagando a provincia este verán. Estes son consecuencia da nefasta xestión forestal e o abandono do noso rural, que se ven agravados polos efectos do cambio climático. Máis información aquí>>

 

A pandemia da COVID-19 fixo tremer as bases do noso
sistema. Evidenciáronse as debilidades e contradicións dunha economía
depredadora que se atopa ao límite do colapso; dun sistema neoliberal
que precariza os servizos públicos e crea grandes desigualdades; dunha
globalización que se sostén sobre a explotación do territorio e as
persoas, e que globaliza tamén a catástrofe, en forma de pandemia, de
cambio climático ou de inestabilidade económica. O virus non é causa, senón consecuencia dunha crise sistémica profunda, e supón un cambio de contexto que apenas empezamos a comprender. Necesitamos actuar, reivindicar Xustiza Climática para sair destas crisis, realizando accións en diferentes lugares do mundo e concretamente en Galicia levaranse todas estas actividades.

Estas actividades englóbanse dentro da Escola de Activismo da convocatoria de Iniciativa Xove.

O mapa das accións: https://fridaysforfuture.org/action-map/map/


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *