Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

NA COSTA DE BARREIROS: Rochas que retan a imaxinación. Emilio Piñeiroa


A imaxinación non ten barreiras: o zoo pétreo da costa barreirense é auténtico. Os senderistas que camiñan dende a praia de Arealonga en Reinante ata a de Fontela en Benquerencia, recoñecen todo tipo de figuras, rochas labradas durante millóns de anos. Custa velas, pero están aí.

A primeira rocha entre Arealonga e a Punta do Castro, coñecida como a Pena da rá ou do sapo.

Despois da praia das Pasadas e antes de chegar á de Lóngara, outra rocha coñecida como O Elefante.

Entre as praias de Lóngara e Fontela, na parroquia de Benquerencia, podemos ver como a erosión ocasionou unha entrada (cova) coñecida como A Campá.

Seguindo, a poucos metros, podemos observar un suposto mono, bautizado por algún veciño como O homo sapiens.

Emilio Piñeiroa Lozano


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *