Deixo as fotos anteriores, ampliables moito premendo sobre elas, como unha manifestación máis dos cambios pola pandemia. As fotos, da ESA, son da lagoa de Venecia. Na de abaixo, do ano pasado, vese multitudes de estelas de barcos na auga, en particular no Gran Canal que serpentea pola cidade e pola canle da Giudecca, que separa a illa máis ó sur, abaixo na foto. Na deste ano, arriba, as estelas case desaparecen por completo. Din que ata os peixes voltaron…
Referencia para quen queira mirar máis: o mar Adriático aparece na parte inferior dereita de cada foto, separado da lagoa polo Lido. O continente, na parte superior esquerda de cada foto.