Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

No medio doutra crise


O Covid 19 colleunos en medio doutra crise. Cabería mellor dicir doutras, pero imos simplificar, centrándonos nunha soa. Así pois, no medio doutra crise.

Podemos escoller crise. Así pois, collo a crise climática, pode que a que se vai percibindo como máis acuciante no tempo. Cólloa porque remata de chegar á miña vista un artigo, “Estas son as 76 solucións climáticas que necesitamos escalar xa para ter unha oportunidade” que concreta algunhas cousas que máis ou menos xa coñecía. Basicamente, esas concrecións poden resumirse nestos puntos:

1.A humanidade ten a tecnoloxía para lograr parar o cambio climático.

2.O custe do cambio sempre será menor, aínda a medio prazo, que a inactividade.

3.Calquera cambio efectivo pasa polo apoio e a concienciación da humanidade.

Os tres puntos anteriores envolven ao menos unha mala e unha boa noticias. A mala, que a humanidade ten que actuar, implicarse  como sociedade. E a boa, tamén que a humanidade ten que actuar, implicarse  como sociedade.

É boa e mala ó tempo. Boa, porque implica que dependemos de nós, de todos, e só de nós. E mala porque sabemos como estamos a responder noutras ocasións e as dificultades que entrana iso.

No medio da ‘outra’ crise, a do coronavirus, atopamos xente que quere escapar, sinxelamente como tomándose unhas vacacións. Xente insolidaria, que fai como se a cousa non fora con ela por algún motivo. Xente á que non lle importa infectar a outros, porque ó fin, ela está ‘en bó estado’. Xente que se sacrifica polos demais despois de estar puteada. Xente que …

Cada persoa é un mundo, dise, e non só porque o número de células de cada un de nós sexa máis grande que o número de persoas na Terra, senón porque as posibilidades de actuacion ante un feito calquera tamén teñen unha variedade inmensa.

Polo que parece, aprendemos máis rápido algunha cousa concreta que a empatía social. Pode que en parte sexa tamén porque practicamos máis esas ‘cousas concretas’, sexa conducir ou sumar, que a empatía social, que por outra parte é máis necesaria.

O que nos leva a outra crise solapada: a crise que consiste en vivir. Nese desequilibrio contínuo que é nacer, medrar e morrer. Desequilibrio que por unha beira, se transmite á sociedade en conxunto, e por outra, tentamos amañar do mellor xeito, de reequilibrar, para facer a vida máis duradeira e mellor.

Sempre se vive en crise, e sempre debemos tentar mellorar a situación. Agora tamén. Entre todos.

Versión posterior enviada ós medios:

No
medio doutra crise

O Covid 19 colleunos en medio doutra crise. Cabería mellor dicir
doutras, pero imos simplificar, podemos escoller crise, centrándonos
nunha soa. Así pois, no medio doutra crise.

Collo a crise climática, pode que a que se vai percibindo como máis
acuciante no tempo, a máis vívida, aumentando pouco a pouco. Cólloa
tamén porque remata de chegar á miña vista un artigo, “Estas
son as 76 solucións climáticas que necesitamos escalar xa para ter
unha oportunidade” que concreta algunhas cousas que ou facemos
ou viviremos menos (teremos máis mortandade) e mentres, peor (aínda
que algunha xente vai notalo menos e alguén se vai aproveitar un
tempo). Basicamente, o artigo pode resumirse nestes puntos:

1.A humanidade ten a tecnoloxía para lograr parar o cambio
climático, para estabilizar o clima.

2.O custe do cambio para a sociedade en conxunto sempre será menor,
aínda a medio prazo, que a inactividade.

3.Calquera cambio efectivo pasa polo apoio e a concienciación da
humanidade como conxunto.

Os tres envolven ao menos unha mala e unha boa noticias. A mala, que
a humanidade ten que actuar, implicarse como sociedade. E a boa,
tamén que a humanidade ten que actuar, implicarse como sociedade. É
boa e mala ó tempo. Boa, porque implica que dependemos de nós, de
todos, e só de nós. E mala porque sabemos como estamos a responder
noutras ocasións -vexamos algunhas respostas individuais crise do
Covid 19- e as dificultades que entrana iso.

No medio da crise do coronavirus, atopamos xente que quere escapar,
sinxelamente como tomándose unhas vacacións. Xente insolidaria, que
fai como se a cousa non fora con ela por algún motivo. Xente á que
non lle importa infectar a outros, porque ó fin, ela está ‘en bó
estado’. Á beira, xente que se sacrifica polos demais despois de
estar puteada. Xente que …

Cada persoa é un mundo, dise, e non só porque o número de células
de cada un de nós sexa máis grande que o número de persoas na
Terra, senón sobre todo porque as posibilidades de actuacion ante un
feito calquera tamén teñen unha variedade inmensa. E polo que
parece, ás veces aprendemos máis rápido algunha cousa concreta que
a empatía social. Pode que en parte sexa tamén porque -ás veces-
practicamos máis esas ‘cousas concretas’, sexa conducir ou sumar,
que a empatía social, que por outra parte é máis necesaria aínda
nun estado no que as institucións debéranse encargar de moitas
cousas.

O que nos leva a outra crise solapada: a crise que consiste en vivir.
Vivir é un desequilibrio contínuo: nacer, medrar e morrer.
Desequilibrio que por unha beira, se transmite á sociedade en
conxunto, e por outra, tentamos amañar cada quen do mellor xeito, de
reequilibrar, para facer a vida máis duradeira e mellor.

Sempre se vive en crise, e sempre debemos tentar mellorar a
situación. Agora tamén. E cada vez máis, entre todos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *