Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Hoxe hai pleno. Queres ir? Entre outras cousas, trátase do orzamento do concello para 2020.


Coido que non é algo que se pregunte moi a miúdo en Ribadeo. A desconexión da vida ‘pública’ da vida ‘a secas’ pasa de xeito forzado pola desconexión da xente dos asuntos públicos, respondendo só ante o tratamento que fan as institucións dos asuntos privados. Así, a esfera do público e do común, abandóase prducíndose un retroceso social. Algo que o conxunto dunha sociedade sa ten interese en evitar. Mais parece que non o caso.

De calquera xeito, deixo aquí a convocatoria do pleno de hoxe, xoves 6 de febreiro, posteada na ‘Sede electrónica de Ribadeo’ o luns 3, sen outro anuncio máis que unha nova nun xornal na que se daba conta do cambio da convocatoria de martes a xoves para que poidera asistir un membro da oposición, Daniel Vega. Por certo, que hoxe mesmo, de xeito erróneo, aparece nunha sección local que o pleno se celebrou onte.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *