Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2019

  • Actores ribadenses

    Non pretendo aquí deixar conta máis que dunha curiosidade: actores ribadenses que aparecen na IMDB, Internet Movie Data Base, unha páxina web completamente accesible de recursos cinematográficos. Poño só uns poucos, rstrinxidos a unha soa película: Os mortos van ás présas, película pola que cheguei ós datos. Aquí quedan algunhas das reseñas, que copio ó…

  • A ilusión da arte

    Imaxe do tríptico ‘A métrica do ilusionismo’ Constrúe. Vive. Interpreta. Sinte: unha arte, arte. Hai xa medio século que un libro, ‘Against interpretation’ (Contra a interpretación, de Susan Sontag) rematou de dar un novo sentido á arte, precisamente destilándoa como esencia de sentementos vividos polos sentidos (que nos tempos e significados actuais non é unha…

  • A idade dos alcaldes de Ribadeo: Alcaldía de Ribadeo e idade

        No seu momento, esquecín poñer ó día un gráfico curioso: o das idades dos alcaldes de Ribadeo. Aproveito agora para actualizalo de xeito parcial.     Os dez alcaldes de Ribadeo na época democrática están ordeados por data de acceso ó cargo, aínda que os hai que estiveron só uns poucos días (a maioría dos…

  • Folga internacional mañá, venres 13 de decembro polo que está a suceder na COP 25

    Copio a versión en castelán dun correo recén recibido: ACTIVISTAS PRESIONAN A LA COP25 PARA QUE CREE “UN CAMINO SEGURO PARA LA HUMANIDAD” IDIOMAS: English | Español | Français El miércoles 11 de diciembre, echaron de la COP25 de Madrid a más de 300 activistas por el clima, entre lxs que había muchxs jóvenes manifestantes…

  • O que nos chega do cumio climático

    Esta tempada, algunhas novas teñen mala sorte: a formación de goberno enléase con Cataluña e mesmo con ETA, de tal xeito que se toma a información dunha parte da negociación como representante e referencia por toda ela, quedando o resto arrinconado. E isto, o que está a ocorrer nunha parte da actualidade nun estado secundario…

  • O nome da Ría de Ribadeo. A voltas co nome.

    Como esta tempada os políticos asturianos, en procura de polémica para chamar a atención, andan querendo darlle unha nova volta ó nome da ría, deixo de novo o documento da “Comisión de Nombres del Consejo Superior Geográfico”, lembrando que non hai voltas de folla que darlle, a máis de lembrar tódalas veces que foi tratado…

  • A Constitución como nai adoptada

    Soe ser normal que quen teña o control nunha relación nai-fillos sexa a nai sobre os fillos e non viceversa. De aí parto cando comezo a escoitar aquelo de ‘os pais da Constitucion’, como se alguén poidera ser orfo de nai ou houbera unha especie de ‘Espírito Santa’ feminina para a Constitución. Ou, en versión…

  • Aquí, como en Vigo

       Esta tarde agasalláronme co titular: aquí, como en Vigo. Remedando o concerto ‘aquí, como en Viena‘, este Nadal Ribadeo 2019 competimos en iluminación con Vigo. En iluminación, que din que en luces non, que o de ter moitas luces ou poucas luces é outra cousa, que, outros sentidos aparte, hai zonas do pobo sen…

  • Asociación social pro maiores José Mª Rodríguez. Nota de prensa

    O pasado sábado 30 de novembro tivo lugar no local dos lavadoiros da rúa dos fornos un encontro entre diversas persoas interesadas en levar adiante a asociación. Púxose en común o estado dos trámites, que se estiman concluídos e só a falta de comunicación, aínda que esa comunicación pode levar aínda un tempo. Máis adiante…

  • Estamos na hora das promesas

    Comezando coa COP 25, chegan as promesas. Como só son promesas, sen consecuencias punitivas en caso de incumprimento, e a comunidade mundial non é especialmente compacta para presionar, importa un bledo que o mundo se vaia ó garete. Chaman a atención diversas cousas, comezando pola propia realización da conferencia mundial en Madrid. Si, porque estaba…