Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

As eleccións locais 2019 en Ribadeo


Maioría absoluta do BNG con 7 concelleiros, 4 para PP e 2 para PSOE, quedando En Marea, RNU e CxG sen cadeira.

Imos primeiro polos números. Unha vez escrutado o 100%, con datos tomados directamente da páxina oficial das eleccións:

Na primeira táboa parece o Padrón, os votos a partidos, nulos, en brtanco e abstención, así como a división que deu lugar a cada concelleiro, en vermello, e a división seguinte, que non logrou voto. O primeiro concelleiro quie quedo ‘sen entrar’ foi o 5º do PP. Para ter entrado, o PP tería que superar, cos seus votos divididos entre 5, a conta 2581/7 = 368,714285714286 que lle da o 7º concelleiro ó PP, co aque tería que ter 1844 votos, 104 máis dos que obtivo.

Para comparar, se tiveramos a distribución de 17 concelleiros, como en 2015, as contas sairían así:

é dicir, o BNG seguiría con maioría ó lograr 9 concelleiros, por 6 o PP e 2 o PSOE.

Os concelleiros de 2019 son, por orde de consecución de cadeira:

1.BNG-Fernando
Suárez Barcia

2.PP-Daniel Vega
Pérez

3.BNG-Maria Luz
Álvarez Lastra

4.PP-Elisa
Concepción Rodríguez Sanjurjo

5.BNG-Pablo Vizoso
Galdo

6.PSOE-Marta García
Rey

7.BNG-Mónica Freire
Rancaño

8.PP-Begoña
Sanjurjo Santar

9.BNG-Jesús Mundiña
Acebo

10.PP-María Elena
Sierra Pulpeiro

11.BNG-María del
Pilar Otero Cabarcos

12.PSOE-Francisco
Javier Torviso Berdeal

13.BNG-Jorge Díaz
Freije

(Como foi dito arriba, de haber outro posto máis, tería entrado o nº 5 do PP, Inocencio Rodríguez)

Quedan para outro post algunha outra consideración, os gráficos e o historial electoral de Ribadeo nas eleccións locais.

Entradas da serie eleccións locais 2019:

Datos xerais

Gráficos

Históricos


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *