Hoxe hai pleno, ás 20:30. Podes ir e tentar enterarte. Algunhas pinceladas previas, a nota de prensa e a convocatoria de pleno:
* A nota de prensa do concello, liberada onte (na web do concello):
INCLÚE UNHA PARTIDA PARA O CÉSPEDE DO ESTADIO PEPE BARRERA
Orzamento para 2019
21/01/2019
O orzamento do Concello de Ribadeo para 2019
ascende a máis de 9.200.000 euros. O edil de Economía e Facenda, Vicente
Castro, subliña que se consolida o investimento e que se incrementa o
gasto social. O presuposto someterase a debate e aprobación no pleno
ordinario que terá lugar mañá, 22 de xaneiro, ás 20:30 horas.
Castro explicou que “o orzamento de 2019 ascende a 9.205.958 euros,
uns 270.000 euros menos que o ano anterior. O presuposto municipal de
Ribadeo consolídase xa por enriba dos 9 millóns de euros
permanentemente. Inclúe arredor de 1.150.000 euros para investimentos, a
maioría con cargo a fondos propios do Concello, e van repartidos máis
ou menos a un 50 por cento entre a vila e o rural, preferentemente en
rúas periféricas de Ribadeo, onde había moito pendente por facer, e en
asfaltados no rural con aglomerado asfáltico. É unha liña iniciada xa
hai uns anos e que agora se consolida cunha dotación importante de
fondos”.
Para o concelleiro de Economía e Facenda “hai que ter en
conta que a isto váiselle engadir o Plan Único da Deputación
Provincial, de colaboración cos Concellos, que ascenderá a uns 300.000
euros, polo que en total serán 1.500.000 euros de investimento anual
para Ribadeo, que son cifras importantes e que permiten poder facerlle
fronte ás infraestruturas primordiais”.
Castro sinalou que
“dentro deste capítulo de investimentos vai contemplada unha partida
para a drenaxe e reposición do céspede do campo de fútbol Pepe Barrera,
con ese convenio que propuxemos á Deputación e á Xunta, a tres partes,
para financialo. O proxecto está practicamente listo para presentar e en
canto teñamos o orzamento dirixirémonos de novo ás distintas
administracións para poder acometer este investimento neste verán que
vén”.
O edil ribadense engadiu que “en liñas xerais no orzamento
sube o gasto social en dous apartados primordiais, que son a atención a
dependentes e a achega por parte do Concello á Deputación para a xestión
da residencia de maiores. Son as partidas que maior subida teñen no
orzamento e o resto de gastos e partidas xerais e proxectos mantéñense.
En resumen no orzamento deste ano consolídase o investimento e aumenta o
gasto social”.
* Decreto de convocatoria de pleno ordinario (isto, no ‘portal de transparencia’):
Ah! Como ás veces parece un xeroglífico, o dos cartos para este ano é o punto número 4.