Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ponteando a vixiancia das Catedrais


Ponte da Inmaculada Constitución. Invasión de xente. Nas Catedrais, tamén. Despois de discusións sobre a vixiancia e seguridade entre as autoridades, páxinas web de visitas, contrato de seguridade privada…

Multa? E quen vai poñela?
Non se pode andar por riba da illa? De veras? Que fai logo o camiño que xa se ten formado?

Coido que as fotos amosan unha realidade na que a seguridade privada non está activa en días de abonda afluencia de xente, o mesmo que a páxina web de visitas, mentres non hai disputas entre autoridades e segue no limbo a participación cidadá.

Coido que non se trata de prohibir porque van caer pedras (ou persoas), que seguridade total non hai nunca (non te pode dar un infarto agora mesmo, ou?) pois o coidado da natureza e o sentidiño non son cubertos enchendo papel (e a base de prohibir infantilízase a sociedade), pero menos aínda se  o cubrir o papel non vai acompañado de medidas para o cumprimento do que pon.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *