Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ribadeo, domingo pola mañá


    O domingo pola mañá os xornais reflectían que ACISA e hostaleiros estaban contentos coa celebración dun campionato que polo que parece, trouxo a Ribadeo a 1000 visitantes. Aquí preséntase outra cara da moeda, o ter que pasar con coidado para non pisar vidros, tentar fuxir se se pode do cheiro forte dos mexos, a falta de limpeza que inclúe merda humana (por certo, algunha desa non achacable ós visitantes do campionato, que leva no mesmo lugar máis dunha semana) despois de escoitar berros por cánticos ás doce da noite o mesmo que ás 5 da mañá.

    Por iso, é o mesmo domingo pola mañá que sae a nova nos xornais cando un se pregunta se Hijos de J. Ribera e Cia. virá limpar as rúas de vidro e mexos, se o concello vai seguir deixando facer polas noites, se o desenvolvemento é algo máis que quitarlle os cartos unha xente a outra xente…

Convivencia de vasos de diferentes forma, tamaño, estado e material, cunha botella nunha repisa improvisada na rúa.

Lugar multiusos: papeleira, depósito de vidro…

Un banco para un museo de arte moderno no centro do pobo.

‘Vidros acompañados de mexos e cagada’

Arte na parede, comodidade no chan, lixo entre medias.

De esquerda a dereita, a orixe do mexo e o mexo da orixe.

    … Que non te pos en situación do que é un campo de refuxiados? Nalgún aspecto, podo axudarte: pásate un domingo pola mañá despois de varias noites sen chuvia por diante dun garaxe como o de Pasarón y Lastra e pensa en multiplicar o cheiro por centos de veces. Non sexas refuxiado, baby!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *