25 de abril. O día que un povo se rebelou en paz. Unha lembranza para todos…
Lembranza de que hai que actuar para cambiar. De que a vida ‘é loita’. E de que temos loitas cotiás, que temos que actuar.
Unha? Hai un par de días a sección de lug dun diario titulaba a súa portada a páxina enteira, así: ‘A estación de Lugo gana un 38% de usuarios en só dous anos’. Mentres, hai poucos días, outr sección, esta para a Mariña, anunciaba a caída de viaxeiros no FeVe mariñán a menos da metade en pouco máis tempo. Claro que nesa cifra non podían estar incluídos aqueles que nin lles cobraron por non haber revisor, entre outras casuísticas, e difícil tamén ver neses números aqueles afectados pola supresión de viaxes. E mentres, a moitos daqueles que non usan normalmente o tren parécelles que non lles afecta, cando afecta a toda a sociedade, incluídas aquelas persoas que non colleron ese tren na vida. E é que o común aféctanos a todos. Aínda que ás veces esteñamos cegos e non vexamos a evidencia.