O edificio da Torre dos Moreno segue en pé. E xa ten cen anos. Celebración polo seu cumpre? Non tivo.
O desaparecido tren a Vilaodriz xa os cumpriu hai tempo. Non lembro tampouco celebración.
Agora tócalle o turno a un proxecto fallido, agora que estmos en loita pola conservación do tren pola cornixa cantábrica. Este ano fará cen da súa proposta… e ‘subasta’. Daquela, quedou a terra sen un instrumento que lle tería dado un pulo considerable. Agora, está a piques de quedar sen outro, tamén do ferrocarril.
Por certo, a proposta da liña a Ponferrada foi recollida no 2016 por Ciudadanos, pero pasou desapercibida.