Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

“When you light a candle, you also cast a shadow.” ― Ursula K. Le Guin


Cando acendes unha vela, tamén proxectas unha sombra.

Coincideume no tempo o enterarme de que ía a ser a inauguración da subestación eléctrica de Piñeira e o atoparme coa cita que deixo arriba. De aí esta entrada, con fotos, a nova, ligazón a historia e algunha reflexión (pequena).

 A estrada ‘do monte’ dende a entrada á subestación.

Vista xeral da subestación:

 Detalle do perímetro.

Acceso secundario. Estado actual.

 Zona de transformación.

Terraplén á estrada.

 Perímetro cabo do terraplén anterior.

Vista dende a zona da entrada:

 Detalle á entrada.

E a posición:

A nota de prensa do concello de onte:

BARCIA DIXO QUE HOXE É UN BO DÍA PARA RIBADEO

Nova subestación

13/02/2018

O alcalde, Fernando Suárez, asistiu esta mañá á inauguración da nova subestación eléctrica que Viesgo pon en marcha na parroquia ribadense de Piñeira. O rexedor agarda que Ribadeo “acade a autonomía enerxética, que non tivo ata o de agora”. Tamén espera que o polígono industrial quede blindado para que calquera empresa de gran consumo enerxético poida traballar con total normalidade.

O rexedor dixo que “por fin podemos inaugurar hoxe esta subestación eléctrica aquí, en Ribadeo, despois de hai xa varios anos que se asinou o convenio inicialmente co conselleiro de Industria do bipartito, Fernando Blanco, xunto cos representantes de Sepes, da empresa pública de solo que xestionou a construción do polígono, como tamén cos representantes de EON e Viesgo, naquel momento”.

Suárez Barcia sinalou que “por fin despois de todos estes anos vamos poder traballar con seguridade enerxética aquí, en Ribadeo. Despois de que tantas e tantas molestias teñan causado aos veciños, aos usuarios de sistemas eléctricos aquí, en Ribadeo, por ter un mal subministro de electricidade, por ter tantos apagóns, microcortes, etcétera”.

O alcalde agarda que “hoxe deamos carpetazo a todo isto, porque o subministro eléctrico é algo moi necesario que habitualmente non se ve pero só se bota de menos e se valora cando falta. E aquí, en Ribadeo, podemos dicir que temos cum laude en que nos falte o subministro eléctrico”.

E engadiu: “polo tanto esperamos que a partir de agora xa haxa estabilidade no subministro e que Ribadeo acade unha autonomía enerxética que non tivo ata agora. E non só para el, senón que agora Ribadeo tamén subministrará a unha parte importante do concello de Barreiros. E ao mesmo tempo o polígono industrial de Ribadeo queda preparado, queda blindado para calquera iniciativa industrial, empresarial que requira do consumo de grandes cantidades de enerxía eléctrica”.

Para Fernando Suárez “hoxe é un moi bo día para Ribadeo”.

E algún comentario:

-Autonomía enerxética? Coido que está mal usado o termo. Máis ben, subministro adecuado (o que depende do estado da liña, e por un tempo supónse que será bó, e se se mantén en bo estado, seguirá a selo…)

-Coido que habería que sinalar algo da historia do proceso nesta nota. Queda coxa ó dicir só que ‘é o remate de varios anos’.

-A redacción parece indicar que os cortes e en xeral, mal subministro era por falta da estación. Coido que quedou demostrado en diversas circunstancias que non era así. Que agora se poda substituír a liña vella e ter mellor subministro non implica que a culpa fora de que o subministro era insuficiente, como apuntei antes.

-Fálase do concello de Barreiros como dependente da subestación. Se se fixa un nas fotos, hai unha saída rotulada ‘Mondoñedo’.

Sobre a subestación eléctrica de Piñeira.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *