Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Arquivo de Ribadeo, ‘internal server error’


Unha das posibilidades que máis me gustou cando a vin na web do concello foi a do arquivo municipal. Os documentos que alí poderían estar amosados facían pensar nunha interacción do pobo coa historia de Ribadeo que non se dera ata o momento.

Mais a web xa leva algún tempo inhábil (non sei exactamente canto). Cando se tenta acceder a http://arquivo.ribadeo.org/ de xeito directo ou mediante o icono na esquerda na web do concello, aparece:

Hai seis meses, cando a descubrín, presentaba outro aspecto,

… e animaba ó seu uso, a pesar de diferentes defectos que, dicía, esperaba se corrixiran rápido (máis aínda por ser aparentemente sinxelos de solucionar).

Días despois, por un aviso, comprobo que a páxina non vai con Firefox, pero si con Chromium…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *