Foi a presentación do plan especial das catedrais. Cargo algunha foto de Suso Fernández, a intervención de Evaristo Lombardero e un artículo posterior do mesmo (en dous formatos), a intervención de José A. Salvatierra, un comentario de Covadonga Suárez …
A pregunta de Evaristo:
A pregunta de José A. Salvatierra:
Un comentario: “formulou unha pregunta para coñecer o porqué da diferencia de criterio
en canto á protección da illa Pancha, entre os xestos de
fastidio do alcalde, que tivo que ouvir o que este grupo pensa en
público e en directo. A resposta, evasiva, porque non recoñece a súa
competencia nin a súaresponsabilidade nas
decisións tomadas ó respecto, propón, como solución ó que non lle
guste, recorrer a alegacións ou a contenciosos administrativos.”
O artigo:
PLAN DE PROTECCION DAS CATEDRAIS
Dende o 16.XI.17 está colgado na páxina web do concello o documento “Plan Especial de Protección das Catedrais”. O documento ten 305 páxinas e ábrese un período de exposición pública de dous meses. O día 21 fíxose una presentación no auditorio polo Sr. Alcalde e os técnicos redactores. Imos espoñer moi brevemente as primeiras impresións.
1.- O documento e ás propostas (agás na número 6) teñen nunha relación tanxencial ca protección do medio ambiente. Non se concretan os elementos a protexer nen os indicadores obxectivos do deterioro. Consecuentemente non se fai unha mínima estimación da evolución anterior e futura destes indicadores. Nesto concorda cos documentos da Xunta de Galicia.
2.- O chamado “Plan de Protección” non pasa de ser unha ordenación urbanística, con fins puramente turísticos e publicitarios, cousa que tampouco se disimula. O turismo masivo non se cuestiona, nen tan sequera existe unha compoñente educativa. En realidade implícitamente dase por bo e semella que se estimula.
3.- A participación veciñal é nula, como se pode desprender de varios feitos:
a) Non houbo nengunha presentación ou debate previo dos obxectivos nen dos contidos do plan. Téñase en conta que van tres anos dende a adxudicación do proxecto aos grupos redactores.
b) O tempo transcurrido entre a publicación do documento e a presentación no auditorio foi de cinco días. Folga suliñar que se trata dun documento complexo de 305 páxinas.
c) A participación veciñal no futuro non forma parte do proxecto, nen se insinúa en nengunha intervención do Sr. Alcalde.
d) Anque éste é un tema colateral, na presentación non se puido explicar a coherencia entre o plan e os condicionantes económicos. Por non informar, non se puido nen concretar o custe estimado das expropiacions.
e) Respecto ao periodo de alegacións apelamos a experiencias anteriores. O Sr. Alcalde nunca resposta a nada. Nen no PXOM, nen no PEPRICH, nen infinidade de preguntas por escrito de diferentes grupos, nen mesmo nos plenos municipais. No mellor dos casos pódense atopar evasivas, desculpas ou saídas pola tanxente.
Esto é o que hai.
Evaristo Lombardero Rico