Sr. Alcalde de Ribadeo:
Segundo temos comprobado, na páxina facebook do aloxamento da Illa Pancha anúnciase que a instalación hostaleira está aberta ao público dende o 12 de setembro. Dado que non temos coñecemento da situación actual dos trámites administrativos para a concesión da licenza de apertura, agradeceríamoslle que nos informase dos puntos seguintes:
1.- Se as obras pendentes esixidas polo concello foron realizadas, e posteriormente supervisadas polos servizos técnicos do concello.
2.- Se os servizos técnicos informaron favorablemente as devanditas obras ou reformas.
3.- Se o acceso libre dos veciños e visitantes, repetidamente anunciado por vostede como condición para conceder a licenza de apetura, foi autorizado formalmente e por escrito pola Autoridade Portuaria, e neste caso solicitamos que se faga público o documento correspondente.
4.- Se foi concedida a licenza de apertura e levantado o precinto dos apartamentos devanditos por cumplirse tódolos requisitos esixidos polo Concello, e concretamente desexaríamos coñecer a data e o documento da licenza.
5.- Se en caso de que non fose concedida a licenza de apertura é vostede coñecedor da publicidade da empresa promotora que, dende hai mais dun mes, ven anunciando que os apartamentos están abertos ao público.
6.- Aínda que non tivemos resposta en anteriores inquéritos, e precisamente por eso, vémonos na obriga de preguntarlle de novo qué medidas vai tomar en relación co informe do Defensor del Pueblo de 22 de agosto, que ratifica o anterior do 16 de febreiro de 2017, no que daba conta, entre outras irregularidades, da falla de informe de non afección a un espazo protexido pola Rede Natura 2000.
COLECTIVO “POR NUESTRO FARO”
18 de Octubre de 2017
A Pancha, na penumbra dos incendios o pasado luns. Foto de Suso Fernández. |