Só un apunte sobre a temperatura media deste ano, do que levamos de ano. Resulta que os catro últimos anos, a estas alturas, están todos da metade para arriba da táboa. E este, no que estamos, onte era o terceiro, e tanto onte (datos non collidos) como a maioría da próxima semana, seguirá a subir a media, pois estamos nun período de bo tempo anunciado.
A próxima vez que mires o termómetro, pensa se ‘boa temperatura’ é equivalente a ‘boa noticia’.