Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sobre a seca, en Ribadeo


Aínda que por outros problemas percibidos polos medios non se fala moito da seca, xurde de cando en vez que este ano hai seca. Este ano. Entón, poden comezan as comparacións e rematar dicíndo, ó estilo do que se facía noutros tempos, que a seca é pertinaz, pasando de ano en ano. Máis raro aínda, un paso máis, é que se chegue a relacionar co cambio climático. E máis aínda, que non só se fale de medidas paliativas, as tomadas a posteriori, senón de medidas preventivas, para evitar que suceda o quedarse sen auga. Falar de todo xunto, indicando que o consumo de auga segue a aumentar e distinguindo accións individuais, sociais e globais xa é demasiado. Coido que non o vin nunca ata o momento. Pero terá lugar, porque é necesario…

A secuencia de novas que remato de poñer indica cando menos, que a seca non deixa de ser un problema secundario, a máis de que se considere descontextualizado e polo tanto, non teña encaixe nun sistema de ideas lóxico da humanidade en relación coa natureza.

Vaiamos ós datos de Ribadeo. A estas alturas de ano, como pode verse tanto na gráfica de evolución como nos datos correspondentes ó día 236 de cada ano (onte) deste século, o ano está resultando seco, mais non extremo, e cunha distribución de chuvia abondo axeitada. Polo que pode verse pola gráfica que relaciona a chuvia caída a fin de ano, en Ribadeo neste século, polo momento, hai unha lixeira tendencia a que aumente a cantidade de chuvia caída e non á diminución. Pero é suave, e de seguir así, este ano viría a suavizala aínda máis. A próxima vez que vexas na televisión unha nova sobre a seca, vaina relacionando co aumento de temperaturas a nivel global e pensando que non se soluciona construíndo máis embalses, senón cambiando o noso xeito de vida tanto no consumo de auga como na produción de gases de efecto invernodoiro. E iso, aínda que aparentemente ti esteas protexido e non te afecte.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *