Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

ESCUDO DE ARMAS DA CASA DE QUINTALONGA DE SANTALLA DE VILAOSENDE E ESCUDOS POLICROMADOS DA CAPELA DE SAN ROQUE DE RIBADEO. Francisco José Campos Dorado


Este
Escudo de Armas está colocado na fachada oriental da Casa-Pazo de
Quintalonga na parroquia de Santalla de Vilaosende. É un escudo con
forma ovalada, medio partido e cortado, con bordura gravada de tal
forma, que coincide a lenda có correspondente brasón de cada
cuartel: “MONTENEGRO” (flanco destro, 1º cuartel)- EN LAS ARMAS
Y EL BENCER LAMAS ES DE SOSTENER (rodea toda a partición baixa ou 3º
cuartel)- BAAMONDE(S) (flanco sinistro, 2º cuartel). Este tipo de
distribución dun escudo de armas cos brasóns das liñaxes
familiares, soen estar distribuídas para representar: 1º) as armas
do avó paterno; 2º) armas do avó materno, e as veces, as armas da
avoa materna; 3º) as armas da avoa paterna.

A
forma ovalada do escudo, como arma de defensa, foi usada polos
antigos gregos, e na Heráldica española, é costume que a usen as
damas e os eclesiásticos. Neste caso, ó estar timbrado cun casco de
fidalgo, que só é admitido na regra Heráldica aos cabaleiros, debe
corresponder o escudo familiar dunha dama. A viseira levantada
ensinando tres grilletas, é a dun fidalgo de tres liñas paternas e
maternas. O casco mostra un burelete adornado de catro plumas, e o
adorno exterior consiste nunha cartela que soporta o escudo,
asemellando volutas dun pergamiño nos soportes, e carece de adorno
no sostén (pola parte baixa)


cuartel: unha “M” coroada das Armas dos MONTENEGRO (se tivera
esmaltes sería: en campo de sinople, unha “M” de prata
surmontada dunha coroa real de ouro)


cuartel: unha “M” coroada e rodeada de sete peixes das Armas dos
BAAMONDE (se tivera esmaltes sería: en campo de azur, unha “M”
de ouro, coroada do mesmo metal, bordura de gules con sete peixes de
prata). Este brasón tamén o podemos ver no segundo cuartel do
Escudo de Armas da Capela de Lourdes da Igrexa de Sta. María do Campode Ribadeo (tamén en La Comarca del Eo, 6-Maio-2017).


cuartel: esta partición baixa, presenta as Armas dos LAMAS, que son
as mesmas que as do escudo exterior da Capela de San Roque (tamén en La
Comarca del Eo, 30-Xullo-2016) coa advertencia de que están
invertidas en xefe, as armas dos LUACES e dos DONIS. Neste escudo:
1º) son de DONIS (tres lises ben ordenadas); 2º) LUACES (cinco
estrelas de seis puntas surmontadas por un crecente ranversado); 3º)
LAMAS (cinco lapas de lume ou “llamas”). No escudo da Capela de
San Roque: 1º) son de LUACES; 2º) DONIS e 3º) LAMAS.

As
armas dos LUACES son as da Casa de Camarasa (en campo de azur, cinco
estrelas de ouro surmontadas dun crecente ranversado de prata).

Na
Internet, na páxina de “Xenealoxía.org. Investigando a HistoriaFamiliar en Galicia” e noutras varias fontes, atopamos a seguinte
xenealoxía:

D.
Pedro NUÑEZ (ou ÁLVAREZ) DE LAMAS BAAMONDE
,
que presenta Preito de Fidalguía na Real Chancillería de Valladolid
no ano 1539 (Sala de Fidalgos, Caixa 1506,1), foi quen creou vínculo
e maiorazgo dos bens da Casa de Quintalonga na parroquia de Santalla
de Vilaosende do Concello de Ribadeo. A acta fundacional di que
fixera moitos servizos, probablemente de armas, o emperador Carlos I
de España e V de Alemaña (rei entre 1517-1556). D. Pedro casou con

Teresa RODRIGUEZ DE CORA E BAAMONDE, e
faleceu
sen descendencia, polo que seguiu a liña sucesoria seu irmán
D.
Lope ALVAREZ DE LAMAS BAAMONDE, que a
parece
empadroado como fidalgo nos padróns da parroquia de Sante concello
de Trabada en 1580. Casou con

María DE LINARES
.
Tiveron por fillos a D. Fernando que faleceu en América en 1590 e a
D. Rodrigo que herdou Quintalonga.

D.
Rodrigo tivo por fillo a D. Gaspar LAMAS BAAMONDE que casou con Dª
Catalina DEL BUSTO ANDRADE. (Nota: á vista desta xenealoxía, parece
que no Escudo de Armas dos BUSTO, que explicaba no artigo “Casa
brasonada da Rúa Viejo Pancho” (La Comarca del Eo,
24-Decembro-2016) o primeiro cuartel, parece ser, brasón dos
ANDRADE). D. Gaspar e Dª. Catalina tiveron por fillo a D. Antonio
Lamas Baamonde, Señor da Casa de Quintalonga de Vilaosende que casou
con Dª. María MONTENEGRO SANJURJO, filla de D. Pedro NÚÑEZ DE
MONTENEGRO SANJURJO e LANTOIRA e de Dª María de AGUIAR e PEDROSA.
D. Antonio faleceu o 27-Marzo-1705.

D.
Antonio e Dª María Montenegro, tiveron seis fillos: 1)
D.
Antonio de LAMAS E MONTENEGRO
que
casou con
Dª.
Isabel MENENDEZ DE NAVIA E VILLAAMIL, natural de Ribadeo, filla de D.
Baltasar MENÉNDEZ DE NAVIA E VILLAAMIL e de Dª María de ESTRADA E
MANRRIQUEZ.

2)
D.
Gaspar de Lamas Montenegro, foi cura reitor propio da freguesía de
Cabarcos
en
1722,
é
Comisario
do Santo Oficio da Inquisición. Como nota interesante atopamos que
D. Gaspar, sendo xa cura de Cabarcos, foi unha das testemuñas da
voda de Dª María PARDO DE ULLOA E LOSADA (filla do Capitán D. Juan
PARDO DE CELA E TABOADA e de Dª Antonia ULLOA LOSADA E VALLEDOR,
seguramente os donos da Casa de Pumarín de S. Miguel de Reinante)
que casou con D. Diego DEL BUSTO E VILLAAMIL (fillo de D. Domingo DEL
BUSTO E VILLAAMIL e de Dª María DE SIERRA E OSORIO, seguramente
veciños de Ribadeo) cuxo matrimonio se celebrou o 3-Xuño-1700 en
San Miguel de Reinante
(Libro
Matrimonios Nº1 (1670-1738) Folio 175-V).

3)
D.
José de Lamas, que foi cura da freguesía de Santalla de Vilaosende.
4) Dª. María de Montenegro e Sanjurjo, foi monxa no convento de
Santa Clara de Ribadeo, e pasou de monxa de velo branco a monxa de
velo negro o 10-Outubro-1686. 5) Dª. Juana Marta de Lamas e
Montenegro. Casou o 11-Decembro-1695 con D. Pedro Teodoro MIRANDA E
SANJURJO. 6) D. Francisco de Lamas e Montenegro.

D.
Antonio de LAMAS E MONTENEGRO (primoxénito de D
.
Antonio Lamas Baamonde e de Dª María Montenegro Sanjurjo)
,
casou con
Dª.
Isabel MENENDEZ DE NAVIA E VILLAAMIL, e tiveron tres fillos: 1) D.
José Antonio LAMAS E MENÉNDEZ
,
dono da Casa de Quintalonga onde faleceu o 1 de Xaneiro de 1755, que
casou con D.
Maria
Luisa MOSCOSO E LEMOS (ver máis abaixo)

2)
D. Gaspar Antonio de Lamas e Menéndez

que casou con
D.ª
Micaela Rosa BUSTO E SIERRA e tiveron por filla a Dª. Maria Ignacia
LAMAS E BUSTO

que casou en Ribadeo, 11-Outubro-1745, con D.
Jacìnto
VALLEDOR PRESNO QUEIPO DE LLANO, f
illo
de D. García Francisco Valledor Presno e D.ª Melchora María Queipo
de Llano.

3)
D.ª Maria Francisca de Lamas, casou o 31 de xullo de 1707 con D.
Francisco PLÁCIDO POSSE SAAVEDRA E VILLAR DE FRANCO, fillo de D.
Roque Posse e Villar de Franco e D.ª Margarita Saavedra, rexedor
perpetuo da cidade de Betanzos.

Hai
un preito do ano 1722, na Real Chancillería de Valladolid que
corrobora parte dos membros desta xenealoxía: Preito de D. José
Antonio de Lamas Menéndez, veciño da freguesía de Santa Eulalia de
Vilaosende, con D. Gaspar de Lamas Montenegro, cura de San Julián de
Cabarcos, D. José Bernardo de Lamas, cura da freguesía de Santa
Eulalia de Vilaosende, D. Pedro Teodoro de Miranda y Sanjurjo e súa
muller Dª. Juana Marta de Lamas Montenegro, veciños da freguesía
de Santa María de Conforto, posuidores e herdeiros dos bens que
quedaron de D. Antonio de Lamas Bahamonde, sobre o pago de certos
pesos de prata chegados de Indias como agregados ó vínculo que
fundou D. Antonio de Lamas Bahamonde (Código de referencia:
ES.47186.ARCHV/8.12.3.2//PL
CIVILES,FERNANDO ALONSO (F),CAJA 2204,2)

Chegados
a este punto, pasemos a estudar os
ESCUDOS
POLICROMADOS DA CAPELA DE SAN ROQUE, pois pertencen a esta familia,
nas ramas familiares do maiorazgo desta capela.

Estes
escudos están, un a cada lado, no alto do retablo do altar maior da
Capela de San Roque. O escudo esquerdo, segundo miramos o altar (foto
2ª do artigo) é un escudo español cuartelado en catro, e obsérvese que a boca
do escudo (o borde ou liña que delimita o interior ou campo), está
formada por unha sarta de cinco deceas de contas dun rosario
eclesiástico. A mesma característica ocorre no escudo dereito (foto
3ª). Isto parece indicar que ámbolos dous escudos pertencen a
familias de relixiosos con nobreza de fidalgos. Non obstante, debemos
notar que na Heráldica, os cascos son privativos da armería
masculina, quedando excluídos para timbrar con el as armas das damas
e do clero, polo que son escudos brasonados de familia (Tratado de
Genealogía, Heráldica y Derecho Nobiliario, Curso de Licencia,
Instituto Luis de Salazar y Castro –C.S.I.C- Madrid 1961, p.139)

O
escudo esquerdo (foto 2ª) está timbrado cun casco de cabaleiro, pero
non vemos que presente algunha das Armas dos señores que profesaban
nas Ordes Militares que dependían da Igrexa, como: a Orde de Malta,
á do Santo Sepulcro ou a Orde de Santiago. Estas Armas (cruces
características de cada Orde) deberían estar acoladas ou sitas por
detrás do escudo. Por isto, o escudo esquerdo debe ser o dun
cabaleiro relacionado coa Igrexa ou cun abade que está baixo a
xurisdición dun bispo ou dun arcebispo, e timbra as súas armas cun
casco de Fidalgo, por ser o seu escudo familiar (como xa dixemos, os
eclesiásticos nunca timbran o Escudo de Armas cun casco).

Escudo
esquerdo, primeiro cuartel: parecen armas dos PARDO ou dos PARDO DE
CELA (axadrezado de doce xaqueles en campo de gules, seis alzados: 1
central, 2, 1, 2, con tres ordes de contraveros de ouro e seis
afundidos alternados). Estas armas xunto coa aguia dos terceiro
cuartel, están falando dun matrimonio dos PARDO DE AGUIAR.

Segundo
cuartel: en campo de azur, unha cabeza de lobo degolada de ouro,
lampasada de gules. Esta cabeza de lobo está representada de forma
moi expresiva, pois claramente se ven as gotas de sangre saíndo do
corte da “decapitación”. Son armas dos MOSCOSO, con brisura nos
esmaltes (con cambio da cor dos esmaltes), pois o brasón da
primoxenitura dos MOSCOSO preséntase: en campo de ouro unha cabeza
de lobo degolada de sable (de cor negro) lampasada de gules (coa
lingua á vista e con esmalte de cor vermello, distinto á cor negro
do resto da cabeza)

Terceiro
cuartel: en campo de azur, unha aguia de ouro mirando a sinistra. Son
armas dos AGUIAR, das máis primitivas da casa soar de Galicia,
situada cerca de Lugo.

Cuarto
cuartel: en campo de gules un castelo de oito ameas, con tres torres
de ouro, a central de homenaxe de cinco ameas, donxonada (que ten
outra menor sobre ela) e o todo acostado (acompañado en ambos
flancos) con dúas torres de ouro, sobre ondas do mesmo metal.
Parecen armas dos NOVOA que teñen parentesco desde moi antigo cos
MOSCOSO.

Deste
escudo dos MOSCOSO (foto 2) atopamos a xenealoxía na Casa de
Quintalonga. Como arriba vimos, D. José Antonio Lamas Menéndez
(f.1-Xaneiro-1755) dono da Casa de Quintalonga, estaba casado con Dª
María Luisa Moscoso e Lemos. Tiveron por fillos a: 1)
D.
Luís LAMAS MOSCOSO (n.4-xullo-1734 en Santalla de Vilaosende). 2) D
José Antonio Lamas Moscoso que casou coa súa prima irmá Dª
Ignacia Lamas. 3) Dª Gertrudis Lamas Moscoso, nacida en Vilaosende
que casou con D. Antonio VENTURA DE AGUIAR, natural de Ribadeo, e
tiveron por filla a Dª

Ramona Vicenta AGUIAR LAMAS E MOSCOSO
,
que casou o 1-Xuño-1785 co seu primo
D.
Antonio Jacinto POSSE VALLEDOR. 4) D. Vicente Antonio Lamas e
Moscoso
,
nacido en Vilaosende, 17-Marzo-1730, Señor da Casa de Quintalonga,
casou o 27-Decembro-1763 con
Dª.
María Josefa DE LA TORRE E PONTE,

do Concello de Bergondo (A Coruña). Ela era filla de D. Cayetano
Josef DE LA TORRE E ROMERO e de Dª. María Josefa DE PONTE VARELA E
REYMONDEZ. Ambos da parroquia de Bergondo.

Un
irmán de D. José Antonio Lamas Ménendez,
D.
Gaspar, c
asou
con
Dª.
Micaela Rosa BUSTO E SIERRA
,
e tiveron por filla a

Maria Ignacia LAMAS E BUSTO que casou
en
Ribadeo o 11-Outubro-1745, con D.
Jacìnto
Valledor Presno y Queipo de Llano
,
fillo de D. García Francisco Valledor Presno e de Dª. Melchora
Maria Queipo de Llano.

Por
outro lado, o escudo da dereita segundo miramos para o retablo do
altar maior (foto 4) é dos MENÉNDEZ NAVIA VILLAAMIL SIERRA Y
FUERTES, cuartelado exactamente igual e cos mesmos mobles ou figuras
que os escudos de armas de Ribadeo, da Casa do Patín e da casa
patrucial de D. Baltasar e Dª Antonia (casa do antigo Comercio de
Maseda), e igual que o da Casa do Outeiro de San Miguel de Reinante.
Podemos ver a xenealoxía ata
Dª.
María Teresa LAMAS SANJURJO (1886-1970) casada con D. José Navarro
Reverter, no artigo “Casa Brasonada do Parque de Ribadeo” (tamén en La
Comarca del Eo, 21-Maio-2016)

Como
sabemos polo testamento de 1668, explicado en “Escudos do AltarMaior de Santa María do Campo” (tamén en La Comarca del Eo, 4-Marzo-2017),
D. Baltasar
MENÉNDEZ
NAVIA VILLAAMIL SIERRA Y FUERTES,
fundador
do maiorazgo da Capela de San Roque
(Ribadeo
Antiguo de Francisco Lanza (páx.259)
,
era fillo de D. Sancho Menéndez Navia y Villaamil e de Dª Magdalena
RODRIGUEZ DE SIERRA Y FUERTES naturais da vila de Navia. D. Baltasar
casou con Dª Antonia de HESTRADA Y RÍO, filla de D.Francisco
RODRIGUEZ DE RÍO e de Dª Antonia HESTRADA MANRIQUEZ veciños de
Ribadeo.

O
escudo (foto 2) tamén parece relacionado coa liñaxe da familia de
Dª Antonia Estrada Manrique, descendente de D. Hernando Duque de
Estrada, que tivo por filla a Dª Juana de ESTRADA MANRIQUE E
MOSCOSO, irmá maior do Arzobispo de Sevilla, casada co capitán D.
Sancho PARDO OSORIO, Cabaleiro de Santiago, General das Galeras de
Indias, procedente da Casa PARDO DE VALLEDOR de Asturias e señor da
Casa de Donlebún de Figueiras. Dª Juana viviu no século XVI pois
fai doazón duns bens o 23-Agosto-1597, e tivo unha filla, Dª
Francisca PARDO OSORIO Y ESTRADA que casou con D. Pedro BOLAÑO
PIMENTEL, señor de Torés.

Un
tío de Dª.Francisca, D. Juan PARDO OSORIO, falece en 1630 nun barco
de guerra, pelexando contra dos holandeses (resumido: Blasones y
Linajes de Galicia, J.S. Crespo del Pozo, Tomo II páx.395, e Tomo IV
páx.127)

Este
relato xenealóxico recompilado, en parte, na páxina de Internet
“Xenealoxía.org. Investigando a Historia Familiar en Galicia”,
non cabe dúbida de que é intricado de ler e quizais haberá que
corrixilo nalgún punto. Pero dado o grado de interés que
representan os enlaces matrimoniais e de parentesco entre as
distintas Casas Brasonadas do Concello de Ribadeo, así como, entre
os membros das familias fidalgas que hoxe son veciños que non
dispoñen de Escudo de Armas nas súas casas, nunca me privo de facer
unha recompilación o máis detallada e escrupulosa que me é
posible, pois seguramente facilitará algún estudo posterior da
Heráldica, Xenealoxía e Nobiliaria dos Escudos de Armas de Ribadeo,
que sen dúbida, si queremos poñer en valor este riquísimo
patrimonio, alguén terá que facer algún día, pois eu soamente o
albisco, e intento “reflotar” ou aflorar á superficie un tema
esquecido e apaixonante, que haberá que investigalo en toda a súa
dimensión histórica, pois, sen dúbida, todos estes señores
marcaron a maioría dos pasos de desenrolo económico e social daquel
Ribadeo Antigo e moitos do Ribadeo actual.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *