Dende hai un par de anos, os lectores asiduos do blog observarán que non poño ligazóns a xornais. A razón é unha lei, que se verá afectada por unha decisión que se tomará pronto a nivel comunitario, que implica un pago por cita, e que, co gallo que querer exprimir a Google para que pagara por as novas de Google News (o que levou a que cerrara o servicio en España), asfixiou outras moitas pequenas publicacións e obrigou a cambios noutras (como neste blog), rematando por ser perxudicial, ao menos a nivel influencia e difusión comentada inter pares de novas, tamén para a prensa e a liberdade de ideas (aínda que beneficie económicamente a algúns grandes grupos, algo que non está demostrado, aínda que si está demostrado que aumenta o seu poder).
Por certo, o de pago por cita é obrigatorio e irrenunciable, pero se quixera esixir o que me correspondería por ser copiado o blog polos medios (o que ten ocorrido abondas veces, mesmo sen citar) vou de lado, pois tería que asociarme ó equivalente á tristemente célebre SGAE e demostrar que me están citando, ó xerar demasiado pouco tráfico de datos como para que o teñan en conta, e seguramente aínda tería que pagar despois polos dereitos de adminsitración abondo máis do que me asignarían para pagarme… É dicir, para min sería obrigado pagar e imposible cobrar.
Agora, co motivo do tratamento legal na UE, International Communia Association remata de liberar un comentario, o seguinte:
Spain: Publishers pay themselves in desperate effort to show that giving them extra rights actually has an effect
… non sei se queda claro. A ligazón, aquí. Por se non queda claro que non só é a lei mordaza o que está a constreñir a sociedade en España, senon un conxunto de disposicións contra a liberdade que lle serven de compañía e axuda a dita lei.