Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sen conexión co concello


Este pantallazo que amoso é o que aparece se agora tento conectarme a http://ribadeo.gal/, a páxina web do concello de Ribadeo. Non sei o que tardará en amañarse, pero si teño unha idea aproximada de canto tempo leva así: unhas 48 horas. Para ser máis preciso, entre 40 e 60 horas.

As caídas de páxinas non son anormais, e canto máis pequeno é o tráfico, as posibilidades da súa desuberta e arranxo son menores.Ademais, tratándose da fin de semana, as páxinas ‘pequenas’ teñenmáis dificultades. É a partir de agora cando se manifesta máis claramente como unha páxina ‘pequena’ é xestionada. Canto tardará en arranxarse? depende da resposta do concello, do contrato e da resposta da xente que leve o mantemento/soporte da páxina. Veremos.

e canto interfirirá no funcionamento do concello? Posiblemente non chegue a haber unha medida, pero… tamén veremos.

Por certo, coido que agora é aproximadamente o momento para poñer o reloxo en marcha, unha vez desbotado o tempo da fin de semana.

O reenganche.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *