Hoxe, ás 5 da tarde, terá lugar o enfrontamento entre o Ribadeo FC e o Sporting Sada no Pepe Barrera.
Coido que é a primeira vez que falo de fútbol nos máis de 5000 post que levo no blog, erpo é que procurando outra cousa, cheguei a que non hai unha gráfica que represente a evolución na liga do Ribadeo FC, e decidín encher o oco dun xeito provisional -porque espero que a páxina do club, https://www.ribadeofc.com/ , non tarde en enchelo.
Engadínlle polo momento só un pequeno detalle: a liña de tendencia, que especifica que de seguir coa tónica do resto da liga, a puntuación final na xoranda 40 será de 60 puntos, pois tras un mal comezo e un bo rendemento despois, a tendencia final é a ralentizar o rendemento. Así pois, queda embaixo a gráfica e a táboa de puntuación, deixando cousas como goles metidos e encaixados ou clasificación semana a semana para xente que siga o fútbol con máis asiduidade ca min.