Días pasados, a raíz da publicación de novos datos estatísticos polas entidades que se encargan desas cousas, a prensa ten publicado sobre a media de idade de diversos concellos da provincia, e, de xeito independiente, de España. Resulta que a media de idade española está a subir, e dentro da provincia, despois de Burela e Lugo cidade, o terceiro concello coa media de idade máis baixa é Ribadeo. Aínda así, a media ribadense non chega a ser máis baixa que a media estatal.
Sabendo o anterior, púxenme a mirar algún dato, e coido que é curiosa a evolución da poboación ribadense ó longo destes últimos vinte anos, collendo como referencia a idade da poboación. O gráfico:
No gráfico amósase a poboación acumulada ó ir aumentado a idade. A poboación total foi aumentando de xeito perceptible dende 1998 que comeza a estatística a esta década, na que máis ou menos se estabiliza. Aínda así, vemos que a liña de poboación que indica o número de persoas por baixo dos 29 anos (azul craro que se mantén entre 2000 e 4000) prácticamentre non deixa de baixar.
Se pasamos a porcentaxes,aparécenos:
Onde se pode ver que tódalase series entre 25 e 50 anos teñen ano tras ano maior porcentaxe de xente por riba, de máis idade, ó igual que por riba dos 80 anos.
Dicía o xornal estes días que, de novo, os políticos propoñen solucións. Coido que a solución pasa por ter un futuro para a xente e non por dicir algo así como ‘provreade, malditos!’, que é máis ben o que se está a facer. E ti, que opinas?
Deixo a continuación a táboa cos datos para que cada quen avalíe (ou sinxelamente, mire en que grupo está metido en cada ano…):