A preocupación, actuación. Iso, coido, debera ser. Mais aquí as cousas van por outro lado. O de ‘que inventen eles’ debeu xeralizarse para que agora quede en ‘que actúen eles’. E moi amrdazado está o país para que, cos nivis rampantes de corrupción coñecida, aquí non pase nada.
Onte saiu á luz a última enquisa do CIS. Podes ver nos xornais cantos tratan o tema do medre da corrupción, segundo problema en ser percibido polos españois (pasou de 37,3% a 44,8%, un aumento relativo de un 20,1% entre febreiro e marzo). Por iso, collín os datos dalgúns dos principais e representeinos en serie dende o 2001 (á esquerda do gráfico) ata hoxe (á dereita do gráfico)
Resulta ilustrativo ver as preguntas que fan e o desglose, agregando preguntas semellantes, pero iso queda para outra ocasión. O número de enquisados, arredor de 2500 en cada punto, tampouco dan moita garantía, pero ó longo do tempo, si dan unha idea boa.
E, mirando á gráfica que deixo, pode verse o cambio de sensibilidade ó comezo da crise (case no medio das series) ou o estalido de casos de corrupción, en plena maioría absoluta do PP. Estalido que case coincide no tempo coas liñas que indicarían a percepción de que a economía como tal non vai tan mal, se se controlara a corrupción e poidéramos deixar de preocuparnos polos políticos.