Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O río Grande, desconfederado, e outras curiosidades


É só unha curiosidade: o río Grande, se se visitan os mapas correspondentes a Confederación Hidrográfica Galica Costa (CHGC, nota sobre aviso legal) e Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC, nota sobre aviso legal), queda en terra de ninguén. Ó igual que a costa oeste da ría de Ribadeo, incluído o mesmo núcleo urbano de Ribadeo

Coido que se trata dun erro da CHGC, pois remato de meter na entrada do río Grande na Galipedia datos correspondentes a estación de aforo do río Grande nas Anzas, recollidos na web da confederación Hidrográfica Galicia Costa.

Mais, a pesar da lei de transparencia (‘e bo goberno’), os trámites para suxerir que están errados non levan un minuto, e a ‘participación cidadá‘ entendida porlo organismo é ‘información ó cidadán’ (como moito), co que estimo que non será mañá cando se corrixa o erro.

Os mapas, da CHC (que inclúe o río Eo):

 … e da CHGC:

Destas cousas pasan… e repasan, como se pode ver se ampliamos máis a escala e nos fixamos na ría de Ribadeo. Polo mesmo orden que no caso anterior:

Coido que se pode ver que no mapa da CHC hai un engadido claro no nome da ría. Mais, a outra escala…

O mapa da CHC segue conservando o engadido, mais a esa escala determinada, o mapa da CHGC cámbialle o nome á ría…

Por último, un detalle do concello de Ribadeo no mapa da CHGC, centrado no Río Grande e onde se ve que este, nin a vila de Ribadeo aparecen asignados a dita confederación:


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *