Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Mirando dende Galicia, a ver se ves o mesmo ca min


Deixo embaixo a toma de pantalla dos prezos de dominios de internet dunha empresa (Dinahosting, pero foi casualidade, podería ser outra). E, para corroborar que non é a única na que como mínimo debo dicir que noto ‘algo raro’, deixo embaixo dela outra toma de pantalla posterior (esta vez de Dondominio):

(enriba, Dinahosting, embaixo, Dondominio)

Fixen a procura por .gal. Coido que non fai falta que nesta segunda procure por .eus ou .cat (activo dende hai uns cantos anos antes), non?

A cousa é que onte mesmo rematou unha promoción, na que participaba Dinahosting, na que o prezo era abondo máis baixo. E na web de Dinahosting di que non ten subvención.

Mentres, na páxina puntogal a última entrada é de maio de 2016. E na páxina dominio.gal din que hoxe hai rexistrados 3923 dominios .gal. Cantos habería se houbera un equilibrio?

Notas que integro con posterioridade dende Facebook:

Antonio Andina Penabad: Exacto,
exacto non sei como funciona pero entendo que o prezo ten que ver mais
ben co numero de dominios rexistrados e de todos os que indicas o .gal é
o ultimo en sair, supoño que co tempo acabará baixando, ten que ver con
unhos gastos minimos que se teñen que repartir entre todos (e algunha
subvencion inicial que terian). Nestes dous anos houbo por lo menos 4 ou
5 meses (salteados) co 50% pero a renovación é sempre polos 50 e pico
euros.

Antonio Gregorio: O mes pasado estiveron a cousa de 5 € en algúns provedores 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *