Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A evolución de Ribadeo en fotos aéreas


Dende o ano 1946 ata ‘hoxe’. A disposición. Embaixo deixo varias capturas de pantalla que poden facerse con máis detalle (todas elas) para apreciar por exemplo o decorrer do río de Vilaselán ou da vía de Vilaoudriz, o cargadoiro (que collín en detalle aparte)… e máis fotos entre medias de tempo.

 Do voo americano de 1945-1946

Do voo americano 1956-1957

Do interministerial 1973-1986 (máis ben preto do final da etapa, un pouco mái arriba vese o despexe para a estrada da ponte dos Santos)

As seguintes son ambos de costas, 1991. Pero están en fotogramas soltos, polo que deixo dúas partes de Ribadeo separadas:

 E a última por hoxe, de 2014, PNOA:

Mais un detalle: o cargadoiro en 1957:

Para a xente interesada, ‘isto e moito máis’ en http://fototeca.cnig.es/


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *