Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Un ano de temperie en Ribadeo 2016. III.-Vento


*Primeiro publicado en FQ Ribadeo

*A serie ‘un ano de temperie en Ribadeo 2016’ consta de de parte I.-Temperaturas, parte II.-Chuvia e parte III.-Vento*

‘Só
nos lembramos do vento cando ventea’. É entón cando rememoramos dalgún
día especial con vento veloz que causou destrozos. E maldicimos cando
saímos á rúa e o vento non nos deixa usar paraugas, facilitando que nos
mollemos despois de ter dobrado e inutilizado o que estabamos a usar.

Hai
máis características da temperie que son medidas puntualmente nas
estacións meteorolóxicas como compoñentes climáticas, mesmo como
causantes dos fenómenos máis sentidos (como sucede coa presión
atmosférica). mais con esta terceira parte dou por rematada a análise
correspondente ó ano pasado.

A rpimeira gráfica presenta o vento
acumulado cada ano dende comezos de século, medido en km recorridos.
Pódese observar que o ano pasado tivo vento abondo no inverno, primeira
parte do ano, mais logo ralentizou, rematando cunha media máis ben
baixa. Como curiosidade, os 84 228 km recorridos polo vento en Ribadeo
no 2016  (case un 20% menos que en 2008, con máis de 101 000 km
recorridos, e o que recorre a Terra en 3/4 de hora) representan 230 km diarios, case 10 km á hora de media (2,7
m·s-1).

A táboa indica os resultados finais (acumulados) do vento ó longo de cada ano, e a media diaria ó longo do século:

As
dúas gráficas seguintes expresan os mesmo datos en diferentes unidades,
m/s e km/h, a velocidade media do vento en cada ano. A tendencia é a
aumentar lixeiramente, correspondente co aumento de temperaturas, que
indica unha maior enerxía na atmosfera (aínda que como xa dixen, este
ano non tivera unha velocidade media grande).

O
vento diario por meses, acumulado no século, indica que os meses nos
que é máis veloz son os do inverno, e nos que e menos veloz, os de
verán, volvendo a repetirse unha certa simetría como no caso das
temperaturas, se ben nesta ocasión, máis imprefecta.

Agráfica a continuación presenta os mesmo datos que a anterior en formato diferente para visualizalos mellor:

A
última gráfica presenta o vento por semanas, con altibaixos que lembran
á gráfica semanal de chuvia, se ben con menores variacións.

Como
resume das tres partes, , algo obvio: Ribadeo disfruta dun clima
temperado, chuvioso, sen grandes variacións. Vivimos nun sitio de clima
agradable.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *