Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2016

  • O título…

    Non sei ben que título poñerlle. É sobre Ribadeo, claro. E apareceu nas redes sociais esta fin de semana, co que a parte fundamental xa estará sabida por moita xente. O caso é que saiu a convocatoria dunha praza de ‘técnico de administración xeral do concello’. Non, non está aínda na web do concello, e…

  • O Fiouco, néboa explicada (que non resolta)

    Avanzando a primavera, comezan a sentirse máis os peches da A8 no Fiouco. Acadarán o seu máximo cara a xuño, e voltarán descender en intensidade ata o mínimo invernal. É unha predición doada, coñecida de vello pola xente do lugar, explicada polo funcionamento de ventos e humidade e por se acaso, estudada nun costoso informe,…

  • Nota de prensa: chamamento á participación na concentración de usuarios da bici

    Remátame de chegar a nota de prensa correspondente á concentración ciclista de maio. Aínda que xa puxen esta mesma semana a entrada “En cinco días #ribadeoenbici“, subo tamén a nota de prensa, completa (ilustración incluída): ” Un venres mais de principios de mes, facemos unha concentración de usuarios da bici, non só de ciclistas, que…

  • DE DRAGADOS E VERQUIDOS (Segunda volta) , por Evaristo Lombardero Rico

    Un novo dragado da ría foi avisado. De novo, coller a area e tirala demasiado cerca, sen máis. Evaristo Lombardero fixo unha reseña para entrar no meollo do que está a pasar cos dragados. Só algún apunte máis antes de deixarte coas súas palabras: 1 milla náutica = 1852 m é a distancia máxima á…

  • CASA DA RÚA ENXEÑEIRO SCHULZ, por Francisco José Campos Dorado

    Á metade da rúa a man esquerda segundo se baixa desde a Amando Pérez cara a rúa Viejo Pancho e Antonio Otero, atopamos unha casa blasonada cun antigo escudo de armas. Está realizado nunha pedra enroxecida, posiblemente pola cantidade de anos que estivo sometido as goteiras do canalón a traverso dos crampóns de ferro, pero…

  • Avance das obras na r/Paco Lanza

    Dende a Avenida de América á Alfredo Deaño: ese é o tramo da rúa Paco Lanza que se está vendo afectado por obras na beirarúa. Mellor, deberamos dicir, a beirarúa correspondente á residencia de maiores, aínda que tamén colle un tramo do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Comezaron o día 19 a preparar: Foto tomada…

  • En cinco días #ribadeoenbici

    Amence con Sol, e subindo a temperatura, do día, natural ó saír o sol, e a media, polo cambio de ventos. Un día como para andar en bici. O venres 6 de maio será a terceira concentración ciclista #ribadeoenbici despois de que na primeira unhas poucas persoas nos reuniramos baixo unha chuvia inclemente e decidiramos…

  • Amadores da Música: ó traballo

    Sábado 30 de abril. Asemblea de Amadores da Música, a sociedade xestora da Banda de Música de Ribadeo. Anunciado que se non había recambio na directiva, a sociedade desfaríase. Hai recambio. Un equipo encabezado por Chema Suarez, con ilusión consciente, fíxose cargo da dirección. Algún repite na directiva: *Presidente: Chema Suárez García *Vicepresidente: Diego Vizoso…

  • A divulgación da ciencia en Galicia. Ribadeo

    Corto e pego dende ‘Física e Química en Ribadeo‘: O pasado día 20 de maio, en Santiago, tivo lugar o que foi o momento punteiro en todo o ano para avaliar o estado das relacións entre ciencia, técnica e sociedade en Galicia. O Consello da Cultura Galega presentou un informe que hai cousa de ano…

  • Nota de prensa sobre a xuntanza da Reserva da Biosfera e a illa Pancha

    Onte, 28 de abril celebrouse en Vegadeo a primeira xuntanza de constitución do Foro Social de participación da Reserva da Biosfera “Eo, Oscos e Terras de Burón”, con presencia do D. X. de Recursos Naturais do Principado de Asturias, a Da. X de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, os codirectores da reserva por Asturias…