Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Bebe+, muller


Din que case a metade da xente de 15 anos en Ribadeo bebe alcohol. Unha enquisa actual, segundo parece. Problemas co botellón… Mira a enquisa de hai xa preto de catro lustros: a terceira parte da xente nova emborrachábase ‘de cando en vez’, mais outra décima parte facíao a cotío. Media de idade da enquisa: uns 15 anos. Quizáis a diferencia sexa que agora hai máis igualdade entre sexos para estas cousas… Quizáis o parecido sexa debido á tardanza en afrontar o problema…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *