Ribadeo está en festas. Festa contínua, parece. Onte inaugurouse o mercado de Nadal, e xa temos nota de prensa da visita do alcalde, xunto co aviso dun sorprendente (din) sistema de iluminación no Nadal. O título da nota está en consoancia coa ‘festa contínua’: a 8 de decembro, chega o Nadal a Ribadeo.
E, no mercado, tampouco este ano haberá carpa, senón casetas: 25. O éxito de visitantes, dende o primeiro día
|
Encadre do mercado |
|
Aínda que non resalte, o luminoso está anunciando o mercado de Nadal… |
|
O mercado como éxito. |
A máis, hoxe, ata podemos aprender a aforrar no gasto da luz (non na parte fixa, a que se leva as ganancias tamén fixas para as elećtricas) hoxe ás 12 do mediodía (para quen non teña que traballar, claro).
|
O cartel do merdado de Nadal en Ribadeo en 2009, recollido con algunha foto en ‘en perspectiva‘ |