Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Un paseo lembrando o ferrocarril mineiro


Mentras se van desenvolvendo outros actos de #AChocolateira, o domingo foi a andanza pola vía verde do ferrocarril mineiro, o tramo recuperado para o desfrute entre Santiso de Abres e A Pontenova.

É unha ruta que teño feito moitas veces, a pé e en bicicleta, mais esta vez tivo aspectos diferenciais.

Comezando a ruta, por A World to Travel

Chega o autobús á saída había máis xente que chegou por outros medios que a que ía no autobús. De feito, o espazo esgotouse varios días antes, aínda que non abondos como para calcular que se enchería relativamente outro autobús. Alí estaba a alcaldesa de Santiso, Goretti Quintana (PP) repartindo ela soa, folletos turísticos da ruta e do concello. Durante perto dunha hora, co seu chaleco reflectante… non é a imaxe típica dun alcalde do PP, ao menos para algunha xente. No autobús, varias concelleiras do equipo de goberno de Ribadeo (BNG), e ó chegar, Darío Campos (alcalde de A Pontenova) e Mayra García (Trabada), ambos do PSOE.

Houbo quen chegou tarde á saída, mais ninguén se quedou rezagado, mesmo familias con nenos en carriño. quizais algo de influenza tívoa o chocolate de Moreno á chegada, cociñado por voluntarios, igual que o resto da organización, sumándose á xente de A Chocolateira familiares e amigos, xente do club Albións ou protección civil de A Pontenova para que todo funcionase. E funcionou. A foto de A World to Travel que trataba de aglutinar a tódolos participantes, pero que non chegou a facelo porque unha carpa ocupaba a meirande parte da praza dos fornos a máis da xente que xa marchara amosa preto de 100 participantes duns 130-140 estimados (a que se amosa está alixeirada de peso para a súa carga máis rápida).

No medio, a charla podía descobrir ós viandantes que Santiso estivo a piques de ter unha fábrica de óptica e por que non a tivo, ou abandoar uns metros o camiño para observar unha escala de salmóns, a mais, por suposto, de observar a variedade de vexetación, descobrer os nichos dos túneles e o seu uso, distinguir entre as centrais do río, as diferenzas entre os tramos afectados por unha presa e os que non… ou moitas outras cousas, do ferrocarril e da súa proximidade.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *