Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Botellón en Ribadeo? Nada novo


Despois de comentar o pleno co do botellón, e visto que nas novas seguen co castigo ó botellón, revolvo a dar luz a un vello estudo realizado no daquela IES Porta da Auga. Mais parece que a guía, a pesar de terse difundido abondo en Ribadeo, non se leu…

Trátase da Guía-informe descritivo sobre consumo da xente nova. Feito no IES Porta da Auga en data tan lonxana como o curso 1999/2000, coido que segue a ter vixencia aínda a pesar de que dende aquela houbo cambios importantes na socialización da xente nova, e a que polo concello e institucións políticas diversas teñen pasado dende aquela representantes de todas as cores do espectro policio.

Está colgada na nube en dúas partes:

Parte 1

Parte 2

E coido que teño algún exemplar en papel que podo agasallar a algún político.

Por certo, na portada pode lerse ‘Unha reflexión conxunta da comunidade educativa: pais, profesores e alumnos’, algo que coido que nn se está a levar a cabo na actualidade, pois mais que reflexión hai discusión e ataque, máis que aunha comunidade hai francotiradores que tentan ganar, e fálase de pais e profesores, pero non tanto con eles, e moito menos aínda cos propios implicados.

Ah! A guía foi o resultado dun proxecto premiado por o Instituto galego de Consumo.

Sobre diversos aspectos do botellón, no blog, hai (entre outros moitos):

Pro… non é festa?

Informes sobre ruido a nivel Galicia

O botellón non ten quen o defenda

Sobre ruido? Non, sobre botellón

Reciclaxe = propaganda

Explosión? si, pero suave, de peticións

Achégase o macrobotellón

Como tentar dar a volta a unha nova


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *