Remato de ver unha nova (curiosamente non difundida -que eu vexa polo momento- nos xornais das grandes empresas editoriais) que certifica que as bibliotecas poden prestar libros electrónicos (non só os aparellos para ler -e_reader-, senón o contido do libro en formato electrónico -e_book-). Esperemos que esta resolución permita que a lectura de formatos electrónicos de libros se vexa menos desfigurada.
Tentaches coller algún libro electrónico na biblioteca pública Viejo Pancho? dende a biblioteca do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo lévase facendo préstamo de libros electrónicos xa dende hai cursos anteriores, con bos resultados. Imaxino que isto impulsará o tema.
De xeito lateral, lembro a relación xudicial/de reclamación mantida entre la SGAE e o concello de Ribadeo. Quizáis non veña mal botarlles unha ollada e lembrar como dende hai anos se están promulgando leis que van constrinxindo as posibilidades das persoas substituínduas polas posibilidades dos cartos, e, cando non poden, metendo medo e enganando, facendo ‘como se’ para que as persoas non usen os seus dereitos porque pensen que non os teñen (e así chegarán a perdelos por non saber nin que os teñen e teñen que defendelos)
En relación ós libros dixitalizados, hai un inconvinte: para prestalos hai que telos. Polo demais…
—
Ribadeo e a SGAE, en Ribadeando:
A Sociedade Xeral de Autores e Editores
Unha proposta para a tesourería do concello
Comentario censurado en El País
Se non tes nada que dicir, cántao
En galego, en castelán… en escrito e para todos
Pleno de 16 de marzo de 2009 (e II)
… hai algún máis, pero xa van moitos.