Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Curiosidades ribadenses: en festas


Parece que viu a luz onte: nota de prensa e bando de horario de festas. Está asinado en ‘setembro’, con horario dende o día 2, e colgada na web do concello (‘modificada’) o ‘Lun 05 Set 2016 18:59:53 CEST‘, e dado que aparece no xornal de hoxe, tampouco foi transmitida doutro xeito con anterioridade. É dicir, a información que rexiría para a noite do día 2 foi colgada pasada a media tarde do día 5. Polo demáis, boa idea a de facer un anuncio do horario a cumprir. Era hora (ou diriamos ‘era ano’?).

Unha cousa máis: apunta á Policía Local como garante. Está todas as noites da semana de servizo?

Saúdos e boas festas!

Nota de prensa:

Novas

SUÁREZ AGARDA QUE SEXAN UNHAS BOAS DATAS PARA TOD@S

Bando para as festas

05/09/2016

O Concello ven de anunciar nun bando os horarios
para o remate das actividades vinculadas ás festas da patroa que se
celebran durante estes días. O luns 5 e o martes 6 deberán ter rematado á
unha da mañá, mentres que o mércores 7 poderán alongarse ata ás cinco
da madrugada, o xoves 8 ata as catro, e o venres 9 e sábado 10 ata ás
catro e media.

O alcalde, Fernando Suárez, manifestou que “xa metidos nesta semana
de festas da patroa, neste broche final do verán, neste importante verán
que tivemos aquí en Ribadeo, agora toca a ilusión destes días, que son
moito máis que bulicio e diversión. Son o reflexo do que somos os de
Ribadeo e o xeito que temos de gozar da nosa xente e da nosa terra”.

Fernando
Suárez subliñou que “neste bando que vimos de publicar dispoñemos que
estes días se convertan nunha fervenza de risas, de alegría, en un fluír
de xente de aquí e de acolá que se achega aquí en Ribadeo. A nosa vila
queremos que sexa modelo de limpeza, de orde e de apacible convivir”.

O
rexedor ribadense engadiu que “tamén queremos lembrar que debe haber
uns límites en canto a horarios e a ruídos tanto das orquestras, das
atraccións, das barracas, etc… para poder convivir todos os que queren
gozar e os que queren ou teñen que descansar. Como son bastantes días
decidimos ir ao máximo que permite a lexislación actual, pero nalgúns
deles dado que ao día seguinte é laborable resolvemos dar un horario
pequeno”.

O alcalde de Ribadeo cre que “no conxunto de todos os
días hai tempo máis que dabondo para rir, bailar, gozar, pasalo ben, ir
ás atraccións, respectando aos que non poden ou teñen que traballar. En
cumprimento destes horarios máximos permitidos deberán cesar as
actividades tanto das orquestras como das barracas e demais actividades
con son, facultando á Policía Local para que garanta o cumprimento
efectivo destas autorizacións”.

Suárez Barcia engadiu que
“ademais en materia de volume emitido polas orquestras, as atraccións ou
polo resto das actividades vinculadas aos festexos da patroa terán que
ter un especial coidado e deberán conciliar todo isto especialmente a
partir das tres da mañá para os días nos que os festexos rematen en
horario posterior”.

Fernando Suárez concluía: “confío, desexo e
agardamos desde o goberno e a Corporación Municipal que sexan unhas boas
festas para todos e para todas e as vivamos con ledicia, paz, orde,
harmonía e respecto”.

O bando, en Issuu:


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *