Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Volvendo sobre os discursos na investidura como cronista oficial


Embaixo deixo os discursos do novo cronista oficial, Eduardo Gutiérrez (‘Lalo Ventura’) e a presentación de Farruco Graña. Ambos poideron lerse xa na Comarca, mais coido que son unha testemuña relevante para Ribadeo, e aquí quedan reproducidos.

Discurso de Farruco Graña:


Señor Alcalde, D. Fernando
Suárez Barcia, prezado D. Eduardo Gutiérrez Fernández, señoras e
señores concelleiros, veciños e veciñas de Ribadeo, amigos todos:

Hoxe, sábado 23 de xullo de
2016, reunímonos en sesión extraordinaria para render homenaxe a D.
Eduardo Gutiérrez Fernández, que en sesión plenaria celebrada o
día 30 de maio de 2016 foi nomeado
CRONISTA
OFICIAL DE RIBADEO
,
e para facerlle entrega neste acto público e solemne do
correspondente título.

Camiñando cada vez con paso
máis firme sobre o século XXI, cómprenos hoxe botar unha ollada
retrospectiva cara ao último terzo do século XIX e comezos do XX
para podermos comprender mellor a valía da persoa que hoxe nos
convoca. E quero facelo lembrando a prensa local daquel entón. O 5
de maio de 1866 aparece en Ribadeo “La Cuenca del Eo”, de
periodicidade semanal. Foi fundada e dirixida, durante a súa curta
vida, por Segundo Moreno Barcia e Benigno Pico Bermies. Nas súas
páxinas poñíase en valor a actividade desenvolvida no conxunto do
país, xa se tratara da inauguración do alumeado de luz eléctrica
nas nosas cidades ou da entrada en funcionamento do primeiro cable
trasatlántico. Como non podía ser menos, tamén se destacaba a
ilusión de se incorporar Ribadeo ao tren do progreso querendo
destacar a través da súa incipiente actividade xornalística os
pequenos avances que se ían conquistando.

Tamén podemos lembrar “El
Ciudadano”, un xornal fundado en novembro de 1868 por Andrés de
la Cavallería, con clara vocación de defensa das liberdades. “El
Eo”, sería fundado o mércores 4 de xuño de 1879, unha
publicación bisemanal de intereses xerais, novas e anuncios, sendo o
seu fundador Antonio Fernández Caro y Ruíz. Preocupaban aos
redactores deste xornal os imprescindíbeis traballos de mellora do
porto e do proxecto de construción dunha ponte que habería de unir
Castropol e Ribadeo. Asemade, tamén debemos resaltar o seu ton
reivindicativo a prol de Ribadeo ante as autoridades gobernativas.
Con posterioridade, “Las Riberas del Eo” daralle o relevo.
Este xornal aparecerá o 1 de xaneiro de 1881, e foi o seu fundador,
propietario e director, José María Pérez Cancio. As súas páxinas
darán cabida a temas de ámbito local, traballos de carácter
histórico (por exemplo os “Apuntes sobre Ribadeo”) e
colaboracións de persoeiros da vila e de correspondentes tanto en
Bos Aires como na Habana. O 30 de xaneiro de 1971 deixa de
publicarse.

Chegados a este punto
corresponde mencionarmos a aparición de “La Comarca”,
semanario popular e independente que botou a andar o 5 de outubro de
1919 da man de Francisco Lanza. Desde as súas páxinas defendéronse
durante anos campañas a prol dos intereses da comarca, a loita
contra o caciquismo e tamén a reivindicación de infraestruturas
como os ferrocarrís Bierzo-Ribadeo e Ferrol-Xixón. Cando Francisco
Lanza se foi para América en 1927, a defensa da comarca e os seus
intereses económicos e culturais seguiron a ser recorrentes. O noso
semanario, desde 1975 denominado “La Comarca del Eo”, soubo
dar saída a toda a enerxía creativa que agromaba no concello e
bisbarra, a un e outro lado do río Eo e da ría de Ribadeo. Dionisio
Gamallo Fierros, José Ameijide Martínez, Luis Romay G. Arias,
Isidoro Asensio Amor, Gilberto Suárez Méndez ou o propio Eduardo
Gutiérrez Fernández, entre outros moitos, colaboraron de forma
destacada nas súas páxinas.

Este paseo pola prensa local
xa nos permitiu evocar varias personalidades que foron dando forma ao
pouso cultural inmenso que como colectividade imos acumulando cada
ano, un lustro tras outro, de década en década, século a século.
Así, é de obrigado cumprimento lembrar as figuras de Fernando
Méndez Sanjulián e os seus
“Apuntes
de Ribadeo”
,
Juan Luis Vega Prada, e os seus
“Temas
Ribadenses”
,
Antonia Lazúrtegui Cuervo e as súas
“40
historias de Ribadeo”
,
ou a Francisco Lanza co seu
“Ribadeo
antiguo”
ou co
seu
“Falan os
de Ribadeo”
;
tamén debemos destacar a figura de Dionisio Gamallo Fierros, que
coas moitas consultas realizadas no arquivo municipal e a súa
intensa relación coa veciñanza, logrou reunir abondosa información
sobre as nosas xentes, os seus hábitos e costumes e transmitírnolos.
Tamén Daniel Cortezón ten dedicado tempo e esforzo á intrahistoria
do noso Ribadeo. Todos eles sonlle ben familiares a D. Eduardo
GUTIÉRREZ FERNÁNDEZ e de seguro teñen ocupado moitas horas do seu
prezado tempo e esforzo.

Velaí un elenco excelente
para mirarmos ao noso pasado con clara intención de construírmos
futuro: importante dinamismo social que se estende desde o século
XIX. É certo que cada época xera a súa dinámica e a consabida
escala de valores que hoxe poderiamos ver con certa distancia, pero
non por iso podemos ignorar as achegas de cada momento. Sociedades
como a de
Fomento
(
“Sen instrución
non hai liberdade”
),
a aínda presente
FilantrópicaDramática
(que se propuxo promover e fomentar o bo gusto e a afección polo
teatro e a declamación), o
Círculo
de Recreo
(que
xunto coa Filantrópica-Dramática xa citada fornecían de material á
Banda de Música), foron todas elas deixando o seu pouso na nosa vila
e contorna. Co século XX haberían de chegar as sociedades agrarias
e círculos de obreiros, así como a Biblioteca Popular Circulante.
En paralelo, desde o século XVI cónstanos a existencia de centros
de ensino. Como non, vinculada á actividade do porto, desde o XIX, a
Escola de Náutica
e a de
Comercio.
No XX: a
Pedro
Murias
e o
Instituto de Segunda
Ensinanza
.

Como fomos destacando ao
longo desta intervención, as mulleres e homes de Ribadeo téñense
caracterizado, ao longo dos séculos, por desenvolver unha intensa
actividade cultural acorde coa puxanza económica e comercial da nosa
vila e parroquias. Temos destacado exemplos abondosos de ilustres
persoeiros que nos souberon transmitir esas inquedanzas e actividades
desenvolvidas polos nosos devanceiros. Este labor viuse especialmente
proxectado a través da moi activa prensa local, de ilustres
ribadenses (a quen xa lles foi recoñecido ese mérito publicamente)
e dun tecido asociativo moi dinámico e comprometido que soubo
proxectar cara a Galiza e o mundo enteiro o noso legado cultural.

Ao longo da segunda metade do
século XX os homes e mulleres que devecían por un mundo mellor e
máis xusto, un mundo libre que respectara a diversidade cultural,
mergulláronse nun proceso de recuperación dos valores democráticos
xunto cos nosos sinais de identidade. Nesa aposta xogaron un papel
moi importante as agrupacións culturais que foron xurdindo ao longo
de Galiza. Entre elas, a
Agrupación
Cultural Francisco Lanza
,
de Ribadeo. Alá polos últimos anos da ditadura franquista xente
nova, con moitos folgos, xente non tan nova, pero máis que
rexuvenecida ao abeiro da nova época que se albiscaba, e coa ilusión
de recuperar a semente plantada nos anos 30, pouco a pouco todos
xuntos lograron dar forma a actividades que enchían de contido eses
soños de liberdade. Unha delas era a promoción da cultura, a
difusión dos nosos valores literarios, o respecto polo noso
patrimonio natural e paisaxístico, pola nosa maneira de producir, o
amor pola nosa lingua. Velaí o esforzo realizado, entre outros,
polas xentes de
Francisco
Lanza
. Unha das
persoas que máis colaborou na posta en valor dese legado histórico
e cultural de Ribadeo foi a persoa en torno á cal hoxe nos reunimos.

D. Eduardo GUTIÉRREZ
FERNÁNDEZ naceu en Ribadeo un 3 de febreiro de 1948. Ao longo da súa
vida mantivo sempre compromisos culturais e políticos coa súa
terra. Así, foi membro fundador da Agrupación Cultural Francisco
Lanza de Ribadeo
e foi,
desde 1978 e ata comezos do século XXI, o seu Presidente
.
Tamén foi director teatral, conferenciante e autor de varios
artigos.
A súa vida
profesional desenvolveuse na Escola de Capacitación Agraria “Pedro
Murias”, onde exerceu a docencia ata que se xubilou. Participou no
proceso de creación da Federación de Asociacións Cuturais Galegas,
da cal foi tamén o seu primeiro presidente; formou parte da
directiva da AS-PG (
Asociación
Socio-Pedagóxica Galega
)
e pertence á Asociación Internacional de Estudios Galegos.

Polo que se refire ao seu
labor político, desde 1983 foi concelleiro do BNG en Ribadeo,
ocupando a alcaldía entre 1987 e 1995; ademais de concelleiro, do 95
ó 97 foi Deputado provincial e durante a V e VI Lexislatura foi
Deputado no Parlamento de Galicia pola circunscrición electoral de
Lugo. No anterior mandato municipal foi concelleiro polo PSdeG-PSOE,
candidatura pola que se presentara como cabeza de lista e candidato á
alcaldía.

Para alén de súa
traxectoria política, podemos definir a D. Eduardo GUTIÉRREZ
FERNÁNDEZ como un ribadense que desde sempre destacou polo seu
intenso labor cultural. Ademais da súa capacidade profesional, tamén
moi vinculada a Ribadeo e á súa actividade produtiva agro-gandeira,
D. Eduardo GUTIÉRREZ FERNÁNDEZ desenvolveu un traballo ensaístico
máis que considerábel.
Publicou
tres ensaios:
“A
lingua é o noso escudo”

(1978),
“Introdución
ao «Sempre en Galiza»”

(1986), e
“Alexandre
Bóveda en «A Nosa Terra»”

(1987); por este
último traballo recibiu o Premio de Ensaio da Asociación Cultural
Alexandre Bóveda, da Coruña, en 1987. Ademais disto, participou en
publicacións colectivas e encargouse da edición, limiar e notas da
obra de Francisco Lanza
“Falan
os de Ribadeo”
,
publicada por Edicións do Castro en 1974. En Ribadeo somos
coñecedores do seu
“Do
vello Ribadeo”

editado pola A.C. Francisco Lanza.

Varias das revistas editadas pola Agrupación Cultural Francisco
Lanza, os
Cadernos
Ribadenses
contan
con colaboracións súas. A través das páxinas dun número especial
dedicado ao décimo aniversario da Agrupación Cultural Francisco
Lanza podemos comprobar a intensa actividade desenvolvida en Ribadeo
durante os anos do tardofranquismo e a transición política. A
intelectualidade galega do século XX ten visitado Ribadeo e
proxectado á súa vez a imaxe de Ribadeo cara ao conxunto do país,
grazas ao labor de persoas como D. Eduardo GUTIÉRREZ FERNÁNDEZ.
Tamén debemos dicir que as súas investigacións permitíronnos
recuperar e poñer de novo en valor para a nosa memoria colectiva
aspectos senlleiros da nosa historia: o mesmo nos achegan ata a Porta
da Vila e a Torre do Reloxo, como nos trasladan ata o aeródromo de
Vilaframil; lévannos polas rilleiras de arriba e de abaixo,
lémbrannos a puxanza das parroquias de Cedofeita, A Devesa ou Rinlo,
ou nos brindan anécdotas acerca do comportamento a seguir nas nosas
praias en tempos escuros. Lémbrannos as nosas corais de antano, ou
repasamos con el algunhas noticias do “Círculo de Recreo”
de Ribadeo e a “Filantrópica-Dramática”. En fin: conectou
o noso pasado xa case milenario da man de Francisco Lanza, co
presente que lle tocou vivir ao longo da segunda metade do século
XX, proxectándoo cara ao futuro de todos e todas nós.

Por todo iso, e pola súa moi
acreditada valía intelectual, consideramos a D. Eduardo GUTIÉRREZ
FERNÁNDEZ merecedor do título honorífico de Cronista Oficial de
Ribadeo.

Discurso de aceptación de Eduardo Gutiérrez:

 A lembrar que o acto de investidura foi tratado en Eduardo Gutiérrez, e diversas outras cousas relacionadas con el están agrupadas en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/Eduardo%20Guti%C3%A9rrez. Asemade, que premendo co rato sobre a imaxe pode lerse independente e cambiarse o seu tamaño.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *