Estamos xa no verán. Con días espléndidos entrou. Hoxe, xa verán, as nubes enchen a cúpula do ceo. Mais onte e antonte facía calor con ceos claros a maior parte do día. Calor agobiante, dirá alguén. Agobiante para os parámetros normais de Ribadeo.
Deixo só uns cantos datos para facer a comparativa con outros anos, de chuvia e de temperatura.
En chuvia, a estas alturas levamos prácticamente a mesma chuvia caída que en todo o ano pasado, e, se exceptuamos o ano 2013, teriamos a primeira parte do ano máis chuviosa de todo o que levamos de século:
En canto a temperaturas, está sendo un ano máis ben cálido, mais quédase só en 5º lugar na serie secular:
Claro que poden verse as cousas doutro xeito. Se se toman os últimos 365 días, resulta a segunda serie máis calorosa do século, só superada pola correspondente a 2006/2007, notándose neste caso a tendencia ó aumento da temperatura media.