Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Hoxe é o día máis longo de ano.


O día segue a durar 24 horas, mais é o que ten máis tempo de luz, co sol sobre o horizonte. Ademais, en Ribadeo hoxe o ceo está despexado. Para desfrutar o tempo libre, se o hai. E para axudar a pasar o tempo ocupado en caso contrario. Hai unhas 16 horas de ía para desfrutar, o que pode resultar cansado, un auténtico tirón para o organismo, que se vai notando a medida que avanza a primavera ata chegar ó solsticio. Agora comezará a minguar o tempo de luz, e pouco a pouco iremos chegando ata ter só cousa de oito horas co Sol sobre o horizonte, que, por estes lares soe significar algo de luz baixo as nubes…

Mapa recollido en http://www.solartopo.com/duracion-del-dia.htm

Bo día!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *