Hai algúns anos fixen un comentario no blog sobre as letras e a viaxe de compras a Parque Principado. Xa non se chama así, pero o fenómeno segue a ser o mesmo: Para parte de Ribadeo a celebración das letras galegas consiste en algo así como gastar os cartos fóra de Galicia en castelán.
Lembrábao onte mesmo, día das letras galegas, un cartel publicitario dun establecemento hostaleiro de Ribadeo, O Recuncho: “Non vaias a Parque Principado, carallo!” ofrecendo unha alternativa de empanada e agasallo no local.
O comercio de Ribadeo, potente na zona e competitivo co seu horario dominical, resulta que perde clientes en favor de fóra de Galicia coa celebración dunha festa galega. Certo que non debe ser o único caso, mais non por iso debe deixarse a unha beira e seguir o camiño sen consideración, como fixo O Recuncho.
Canta xente de Ribadeo foi onte ó Parque Principado? Canto gastou? Que alternativas tiña en Ribadeo? Por que as deixou de lado? Que alternativas para pasar o día? Quizais a ACISA lle resultara máis proveitoso facer un pequeno estudo diso que abondas das campañas que fai.
Entrada minimalista no 17 de maio de 2012. |
Mentras, agora xa con máis calma, pasado o 17 de maio, podes ver a biografía de Manuel María, a quen se lle adicou este ano o día.
Placa en homenaxe a Manuel María na súa casa da Coruña, cuns versos do poema “Galiza”. Collida de https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Mar%C3%ADa, obra propia de jflamela, lic. CC BY-SA 4.0 |