Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Amadores da Música: ó traballo


Sábado 30 de abril. Asemblea de Amadores da Música, a sociedade xestora da Banda de Música de Ribadeo. Anunciado que se non había recambio na directiva, a sociedade desfaríase.

Hai recambio.

Un equipo encabezado por Chema Suarez, con ilusión consciente, fíxose cargo da dirección. Algún repite na directiva:

*Presidente:

Chema Suárez García

*Vicepresidente:

Diego Vizoso Castro

*Tesoureiro:

José Ángel Bolaño Penelo

*Secretario:

Javier Abellán Torralba

*Responsable de Material:

Alberte Chao Penabad

*Departamento técnico:

David Ballester Martínez

*Vocais:

Lucía Expósito Martínez

Laura Izquierdo Rodriguez

Alberto Clemente Avilés

Elisa Álvarez Amor

María Teresa Martínez Souto

Antonio Andina Penabad

A asemblea foi curta. Abondo para que a nova directiva contara co apoio dos 26 socios presentes (unha abstención).

O programa? Ideas claras. A primeira, evitar a disolución dunha sociedade puntal para o pobo. E, logo, ocuparse do remprazo dos músicos (este verán será o momento en que abondos músicos verán as súas últimas actuacións antes de marchar estudar fóra) e da súa ilusión. Ilusionalos, sabendo que ese é o activo principal da banda. Conseguir saídas, procurar un sistema de gratificación…

Queda traballo por diante, que afrontan sabendo que o hai e que tamén hai un capital de ilusión.

A falta dunha foto actual da plantilla da banda e/ou directiva, queda embaixo de novo unha foto xa coñecida dende hai 24 anos:

Coa ilusión do ano 1992

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *