Onte á tarde, por casualidade, entereime de que estaba equivocado: si houbo celebración do 14 de abril, día da República, en Ribadeo, tamén este ano, coa tradicional cea. Entendo que como en anos anteriores no Costa Verde.
O que non houbo foi bandeira no concello, como amosa a foto tomada ese día. E non é que teña un especial apego pola bandeira da República (nin por outras) pero coido que no seu momento a República significou (como o podería significar agora) un paso adiante na historia de España. E por iso se debera celebrar. De feito, houbo concellos importantes que celebraron o día poñendo o símbolo republicano na súa fachada, como Valencia, Zaragoza ou Cádiz, aínda que nesta última vila (como testemuñou Ángel Alda nun par de fotos) non estivo exposta todo o día. Mesmo se deu o caso, en Zaragoza, de que o alcalde, abogado de profesión, contestou por escrito ó PP defendendo a legalidade da súa postura (ver en eldiario.es a nova “El alcalde de Zaragoza le explica al PP en una carta por qué la bandera republicana no es ilegal “)
![]() |
As bandeiras no concello de Ribadeo na celebración da República |
Ben, pasou o 14 de abril. Queda case un ano ata outro 14 de abril. Mentres, estamos nun réxime que nos obsequia con corrupción a doses diarias, agora que xa queda menos que roubar. É posible que a cousa continuara coa República, pero nestes momentos, coido que case calquera cambio sería ben recibido, esperando que os poderes deixaran de machacarnos: habería unha oportunidade no cambio.