Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Internet e concello. Un paso adiante?


Atópome esta mañá con algo novo na páxina do concello: unha ligazón dende

á ‘sede electrónica’ do concello. A ligazón funciona e diríxese a unha web nova, aínda que agora mesmo non é a páxina principal (imaxe embaixo), senón a unha páxina secundaria. Se collemos a páxina principal desa web,

atopamos a oportunidade de acceso con certificado, tres solapas, algún aviso correspondente ó último pleno, un catálogo que en teoría contén unha morea de trámites (aínda que logo a maioría vaian a parar a unha instancia de tipo xenérico en pdf) e unha ‘carpeta cidadá’ con varios aapartados (aínda que non me teño inscrito aínda para ver que era iso).

Á páxina pódese ver que aínda lle falta de construír, e está por ver se se comeza a poder usar ou é outra páxina bonita para ilustrar unha web. Pénsoo porque:

– como dixen, a ligazón dende a páxina do concello non vai dirixida á páxina principal,

– na páxina do concello, a última acta de plenos publicada (en pdf, claro, non en html, que non hai ningunha na web do concello) é de setembro de 2015. Aínda que algo é algo: en xullo de 2015 levaban ano e medio de retraso.

– na nova páxina, se collemos por exemplo o taboeiro de anuncios, o primeiro documento referido é en relación á ordenanza medioambiental, para dicir que está exposta… no taboeiro do concello. O segundo documento que aparece nel vai a un pdf que fai referencia a un anexo que non aparece por ningures. E o terceiro e último, fai referencia ó RTP, para dicir… que está exposto no taboeiro do concello.

É dicir, a páxina vella segue na ‘mesma tónica’. A páxina nova, polo momento, é algo ‘inoperativa’, e, no medio, a conexión é mala, mentras a portada da páxina do concello vai enchéndose de botóns diversos entre os que xa non é tan doado elixir. Mentras, como xa teño dito, seguimos sen saber moito do concello.

Por iso, un paso adiante ou algo que queda bonito?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *