Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Mirando ó mar


Sen ser moi consciente, Ribadeo mira ó mar. A falta de consciencia pode que veña de que dende o centro de Ribadeo non é doado ver o mar. Nin a ría.

Un banco solitario en Meirengos, preto xa do que queda da terceira cetárea de Rinlo, fíxome cavilar sobre o tema. Perdido, a ben seguro pouco usado pero ben aproveitado polos que o usen, é unha imaxe que condensa a idea: preto do mar, unha vista inmensa, e poucas veces xente que a aproveite. A xente non sabe nin que ten aí esa posibilidade de desfrutar do mar…

Banco perdido e atopado fonte ó mar

Despois, en Rinlo, unha placa de lembranza completa a imaxe: o mar serviu en tempos pasados, hai que homenaxealo, si, pero… mentras se extende ó fronte, o porto permanece vacío, testemuña doutros tempos.

Homenaxe a María Antonia González, percebeira, en Rinlo
De Rinlo ó mar
Entre Rinlo e o mar, o peirao

 E mentras Ribadeo segue a vivir, a aproveitarse de (que non sinxelamente aproveitar) as Catedrais, séguese sen reflexionar sobre o Ribadeo que se quere, que queremos, sen un plan consensuado, sen usar os recursos senón é explotándoos (isto é, extraendo o que se considera útil e deixando os destrozos, o furado onde había vida)

Agora, no inverno, pódese aproveitar o branco das crestas das ondas para admirar un recurso renovable, de todos e para todos, que non deberamos estragar e botar a perder. Nin polo modelo de “explotación” (aí está o episodio actual da illa Pancha) nin tampouco por darlle as costas a unha riqueza compartida (de novo sirve de exemplo o caso da illa Pancha).


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *