Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Un sono de noite de reis: pedindo ós reis magos en beneficio de todos


O vídeo anterior é aburrido: un lume sae unha cheminea sen parar (a antiga Ensidesa, Avilés). A cheminea non expande o lume, está preparada, é a súa misión. E o lume ? O lume é só enerxía que se perde, quecemento da atmosfera, un misto visto ó lonxe que non remata de consumirse.

Un proceso industrial máis, ineficiente. Non fai falta procurar o proceso de fabricación no que participa para identificar unha falta de eficiencia. O que significa entre outras cousas, menor ganancia relativa para a empresa ou produtos máis caros para o consumidor, visto nun plano capitalista. Ou sinxelamente, algo absurdo para a Terra, algo que consume recursos, require traballo e mantemento e produce como único resultado un dano para o conxunto terrestre.

Que o necesitamos para o proceso industrial correspondente? É posible que non saibamos facer as cousas doutro xeito. Haberá que aprender: estamos prexudicando ó planeta, estamos prexudicándonos todos.

Coido que deberamos pedir ós reis magos (ou ós pais) ser algo máis consecuentes con nós mesmos…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *