Hai uns días atopeime na páxina sobre nomes do Instituto Galego de Estatística, e de alí pasei a unha sección sobre os nomes e apelidos da poboación. Curiosidade, divertimento e tamén aprendizaxe: iso supuxo. Deixo aquí un resume relacionado cos nomes e apelidos de Ribadeo.
Ribadeo en Galicia |
Nomes de homes e mulleres en Ribadeo (os 25 máis numerosos, número e tanto por mil):
Pode verse, na táboa e nas gráficas a continuación, que hai aparentemente máis variedade nos nomes de homes, pero non é tal se nos fixamos en que boa parte dos nomes de mulleres teñen o ‘María’ diante… [Lembrar que as figuras poden ampliarse premendo sobre elas co rato…]
As seguintes táboas son por comarcas: a Comarca da Mariña Oriental. Como foi cambiando o nome a medida que pasaba o tempo? É curioso como cambian de década en década (a década de 2010 remata cos datos de 2013, os últimos que conseguín, e nomes con máis de 5 nados, polo que só ten uns poucos nomes)
Nótase que a partir da década dos 60 comeza a variación de nomes, quizais pola influencia televisiva…
Nas mulleres nótase unha variación maior e que comeza antes no tempo. Pero, sobre todo, o abandono do predominio absoluto mariano despois dos 80.
Os apelidos levan consigo outras características. A táboa da unha primeira información:
Está tabulada a porcentaxe deprimeiros apelidos correspondentes a un dado, o mesmo para os segundos e o correspondente a un ou a outro (por eso non é a suma, senón algo menos: Sánchez Sánchez contará como 1º, como 2º, e só unha vez para ambos)
O fondo tamén está sobre 200, o mesmo que no caso dos nomes, para que resulte máis doado a comparación de cantidades.
O IGE tamén ofrece a oportunidade de comaprar xeográficamente as porcentaxes correspondentes aos apelidos nos diferentes lugares de galicia. Aí van os gráficos correspondentes aos catro primeiros postos, onde se intúe claramente unha correspondencia-relación da zona coa montaña de Lugo e Ourense.