Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Non é festa


Teño localizado os restos dun devolto nouturno sen limpar de hai cousa dun mes. O concello foi avisado, pero aló segue. Restos de ‘festa’, si. Indesexables. Permitidos. Sen paliar.

Véxoos case tódolos días. Hoxe tráioos a colación despois de ter dado unha volta por Ribadeo, con algunha cousa que non deixa de ser sorprendente por máis que repetida.

Un vídeo do parque de amadora Suárez Couto, na r/Pintor Fierros, tomado esta mesma mañá:

Pero… en Ribadeo non estaba controlado o botellón? Calquera que viva en certas zonas sabe que nin o botelón, nin os vaos fóra dos locais, nin os berros cos locais abertos ou pechados (ou sen sabelo, que o horario de apertura debe ser segredo de estado e por eso o concello non responde a peticións de información)

Do ruído moito máis se podería dicir, pero sen ferir sensibilidades nin de feirantes nin de hostaleiros, cabe preguntarse por exemplo cantos músicos ambulantes (permitidos, non sei se autorizados) non usan altofalantes. Claro que, despois de que un concello veciño enviara o venres abondo tempo, e mesmo pasando por diante do concello, un coche co seu logotipo e con altofalantes a anunciar unha feira… (para quen non esteña informado, segundo a normativa municipal só poderán ser usados altofalantes en caso de necesidade)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *