Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Máis sobre a débeda de Ribadeo


Hai poucos días, unha entrada no blog, A débeda de Ribadeo, agúns datos, botáballe unha ollada a ese apartado das contas do concello que resultan tan pouco intelixibles, ou transparentes, ou …

Hoxe atopo unha web con datos semellantes. A imaxe da conta deles:

(http://cartodb.com/attributions?utm_source=Footer_Link&utm_medium=referral&utm_campaign=Embed_v1&utm_content=Attributions&utm_term=infografia-02-elpais)

Segundo eses datos, a débeda do concello entre finais de 2011 e de 2014, todos no mandato anterior, tería aumentado máis dun 50%. É dicir, a confusión segue…

Mentres, a notar que os comentarios na web de onde tomei a captura de pantalla indican supostas faltas de información contable nos números expostos. Ou sexa, máis do mesmo.De onde obtiveron a información, iso non o pon.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *