Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

visitando a web do concello


Hoxe achégome á web do concello despois de ler o xornal. Nunha das súas páxinas, coa cabeceira ‘Rexistro de intereses‘ aparecen publicados os intereses dos concelleiros, segundo marca a lei. Polo momento están 14, faltando tres, pero non cabe dúbida de que aparecerán en breve. Xa o mandato pasado apareceran de xeito voluntario varios, e neste complétase.

Quizais pareza lento, pero o certo é que, tal como vai a páxina do concello, e máis aínda, en relación ós outros concellos en xeral, a páxina foi renovada de xeito veloz.

De calquera xeito, iso estará aí o mandato enteiro, co que ó final, seguramente a declaración de bens patrimoniais non se axustará ó que agora se poña, pois tendo 17 persoas en catro anos, seguro que algúns patrimonios cambiarán. E para iso está a declaración, entre outras cousas: para poder comparar de xeito público os patrimonios antes (pola declaración) e despois (pola visualización) de ocupar o cargo. A efectividade? Non sei. Pero, certamente, hai cousas nas que o concello de Ribadeo vai no grupo de cabeza.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *