Esta mañá, ó levantarme, levo unha satisfacción. Remato de comprobar unha nova da que me deron conta conta oral onte, no medio doutra información. Por fin o pleno de hoxe aparece na web do concello con máis de 24 horas de antelación. Será polo cambio do concelleiro delegado correspondente ou polo que sexa, pero o caso é ese. A nova da convocatoria do pleno para o 1 de xullo, hoxe, ven acompañada de tres documentos, que deixo embaixo.
Os tres son ampliables (botón dereito do rato para abrir nunha nova lapela, e logo, ó pasar o rato sobre o documento, aparece unha lupa con un + para poder ampliar) e consultables na web (convocatoria, delegacións, dedicacións exclusivas e parciais). O primeiro, a convocatoria. O segundo, as dedicacións exclusivas propostas. O terceiro, as delegacións.
Coido que é material abondo como para necesitar máis explicación.
A nova na web do concello: Este 1 de xullo haberá pleno extraordinario no Concello para aprobar o réxime de sesións dos plenos e da xunta de goberno local, a creación e composición das comisións informativas, a creación da xunta de portavoces, a determinación do cadro de persoal eventual do Concello, a dotación económica aos grupos municipais, a delegación de competencias do pleno na xunta de goberno local, as dedicacións exclusivas, as indemnizacións ou compensación por desprazamentos dos membros da Corporación derviados do exercicio do cargo, as indemnizacións por asistencia a plenos e a designación de representantes do Concello noutros organismos.
Convocatoria do pleno. As imaxes son ampliables co rato. |