Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Resultados Ribadeo. Eleccións locais 2015


Primeiro, o titular:

O BNG ten maioría absoluta e aínda lle sobra un concelleiro.

Despois, os datos:

Así, pódese ver que o posto costou 285 votos ó PSOE, 289 ó BNG, 300 ó PP e 407 a Ciudadanos.

Tamén se pode ver que ReC quedou a 15 votos de obter escano, que lle restaría ó PSOE, unha vez sobrepasado o límite do 5% de votantes, establecido en 276.

Deixando a parte o caso de ReC, que sería por votos quen obtería o escano nº 18 de ter chegado ó límite de 276 votos, o escano 18 sería acadado polo BNG, e, de ter 16 postos o concello, quen perdería un posto sería o PSOE.

Por outra banda, o PP baixa a un resultado que se libra de ser o peor en escanos da súa historia por ter aumentado o número de cadeiras a 17. E o PSOE, aínda que xa non é o grupo menos votado, segue perdendo votantes.

Pódense comparar estes resultados cos de 2011 en Ribadeando. E irase aumentando os comentarios aquí. Mentres…

O reparto de decisións dos votantes está claro: BNG+PP, 50%; abstención, 1/3.

O reparte de cadeiras, tamén:

Desmenuzando un pouco os resultados, por parroquias (depurados, hai unha mínima diferencia):

De calquera xeito, está claro que mentres o PP mantén a súa porcentaxe fóra da vila, e o BNG incrementa porcentaxes nas mesas rurais, o PSOE e C’s perden porcentaxe de xeito ostensible, e ReC convírtese en testimonial no rural.

Haberá tempo de máis interpretacións, pero, que houbera pasado se Ribadeo se mantivera con 13 cadeiras en troques de 17? Pois o seguinte:

É dicir, unha maioría aínda máis abrumadora do BNG no pazo de Ibáñez.

Outros:

Resultados eleccións municipais

Lista de concelleiros

Histórico

Rematando cos datos

Eleccións municipais 2015


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *